"Jaca" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Tapa picante, típica das Islas Canarias, feita con fígado de vacún picado, asado e macerado en mollo verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Huesca, Aragón, situada nos Pireneos, no Camiño Francés de peregrinación a Santiago   (11.398 h [2001]). É sé episcopal. Conquistada polos árabes, foi ocupada polos francos, que a converteron en capital do Condado de Aragón (1035). Foi ceca dos reis aragoneses desde o s XI e Sancho Ramírez outorgoulle o foro. En 1930 foi a primeira cidade que se sublevou a favor da República. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral de San Pedro, románica con capelas do s XVI, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1931; o mosteiro antigo (BIC, 1889) e novo (BIC, 1923) de San Juan de la Peña; o concello (1544-1546); e a cidadela (ss XVI-XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves tropicais ciconiformes, da familia dos xacánidos, que teñen as patas rematadas en dedos moi longos que lles serven para camiñar sobre a vexetación dos cursos fluviais en que viven. Destaca dentro deste xénero a especie J. spinosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores e arbustos, da familia das bignoniáceas, con follas opostas, xeralmente bipinnadas, con numerosos folíolos. Presenta flores en panículas axilares ou terminais co cáliz acampanado, truncado ou con 5 lóbulos e a corola tubular-acampanada de cor azul a violeta, xeralmente bilabiada, con 4 estames. Froito en cápsula bivalva leñosa con numerosas sementes aladas. Comprende 45 especies nativas de América tropical. En Galicia está presente a especie Jacaranda mimosifolia para uso ornamental polas súas atractivas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada á beira do río Paraíba do Sul (104.241 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado na costa, entre os núcleos de Garrucha e Carboneras (4.291 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. As praias favoreceron o desenvolvemento do turismo no verán. Destaca a necrópole da Loma de Belmonte.

    VER O DETALLE DO TERMO