"Kálman" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Agricultura de Hungría (1935) e presidente do goberno (1936-1938). Apoiado polos socialdemócratas e polos pequenos propietarios, pero presionado polo goberno alemán, fixo aprobar leis que aumentaban as facultades do rexente, limitaban o dereito de voto e prohibíanlles numerosas actividades aos xudeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1095-1116). Sucedeu ao seu tío Ladislau I. Home culto, reorganizou o estado e conquistou Croacia (1102).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor húngaro. Estreou en Viena as súas operetas máis famosas, tituladas Der Zigeunerprimas (1912), Die Csardasfürstin (1915) e Gräfin Mariza (1924), nas que xuntou as tradicións vienesas da opereta cun toque húngaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, poeta e gramático húngaro. Cultivou a literatura en esperanto; os seus poemas orixinais aparecen, sobre todo, nas coleccións Stre cita Kordo (Corda tensa, 1931), Rimportretoj (Retratos en rima, 1931) e Ezopa Sa go (Sabedoría de Esopo, 1956). É autor de versións en verso de Baudelaire, Dante, Goethe, Heine, Shakespeare e dos escritores húngaros Madách e Petöfi, entre outros. Como ensaísta e gramático, cómpre salientar Lingvo stilo formo (Lingua, estilo, forma, 1931), Parnasa gvidlibro (Guía ao Parnaso, 1932) e Plena Gramatiko de Esperanto (1935); as dúas últimas en colaboración co profesor francés Gaston Waringhien.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. Foi un dos grandes creadores do realismo do seu país. A súa primeira grande obra foi Tót atvafiak (Os labregos eslovacos, 1881), historias de pastores no norte de Hungría. Destacaron tamén Szent Péter esernyöje (O paraugas de San Pedro, 1895) e A fekete város (A cidade negra, 1911), e agudizou as súas críticas en Különös házasság (Unhas vodas estrañas, 1900) e A Noszty fiú esete Tóth Marival (O caso do rapaz Noszty con Maria Tóth, 1908)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Cabeza da facción de centro esquerda no parlamento (1865), uniuse (1875) co partido gobernamental de Deák, de onde naceu o partido liberal, do que foi máximo dirixente. Xefe do goberno (1875-1890), mellorou a economía do país.

    VER O DETALLE DO TERMO