"Keyser" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • FAMILIAS

    Familia de artistas holandeses. Hendrick Keyser (Utrecht 1565-Amsterdam 1621), arquitecto da cidade de Amsterdam, esculpiu a tumba de Guillerme I de Orange-Nassau na Nieuwe Kerk de Delft. O seu fillo Pieter Keyser (Amsterdam 1595-1676), arquitecto e escultor, fixo numerosos monumentos funerarios. O seu irmán Thomas Keyser (Amsterdam 1596?-1667), arquitecto e pintor, realizou retratos colectivos (A lección de anatomía). O irmán dos anteriores William Keyser (Amsterdam 1603-Londres? 1674?), arquitecto e escultor, traballou en Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán, conde de Keyserling. Centrou o seu pensamento na busca do sentido da realidade, que se pode descubrir nas diversas culturas da humanidade, e que habería de conducir o home desde o “coñecemento creador” á autorrealización. Entre as súas obras destacan Das gefüge der Welt (A articulación do mundo, 1906), Schöpferische Erkentniss (Coñecemento creador, 1922) e Kritik des Denkens (Crítica do pensamento, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Na súa poesía mesturou poesía e ciencia, como en Theory of Flight (1935) e U.S.I. (1938), e loitou contra a inxustiza. Destacan tamén Waterlily Fire (1962), Breaking Open (1973) e The Gates (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO