"Kirov" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CIDADES

    Cidade de Acerbaixán, situada á beira do río G’andžčaj, afluente do Kura (282.200 h [1991]). Segundo centro industrial e cultural do país, despois de Bakú. Ten unha industria téxtil moi desenvolvida, con fábricas de aparatos de precisión, de aluminio e de porcelana. Fundada no s VI, estivo baixo dominio persa desde o s XVII ata a conquista rusa (1804), cando pasou a denominarse Elisabetspol. Trala Revolución Rusa recuperou o seu primitivo nome, pero en 1935 este cambiouse por Kirovabad en memoria de S. M. Kirov. Dende 1991 volveu ser coñecida por Gyandzha. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da tumba do poeta Nizami (s XII) e a mesquita de Abbas (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (465.000 h [1997]). É un porto fluvial e un núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (120.000 km2; 1.603.200 h [estim 1999]). A súa capital é Kirov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Acerbaixán (282.200 h [1991]). É un gran centro industrial e cultural. A industria téxtil está moi desenvolvida, ao igual ca as fábricas de aparatos de precisión, de aluminio e porcelana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Armenia (76.000 [estim 1989]). A súa economía baséase na industria química e no turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima de Ucraína (266.856 h [estim 1998]). A súa economía baséase na agricultura, minería e industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Ucraína (24.600 km2; 1.197.800 h [estim 1998]). A capital é Kirovohrad.

    VER O DETALLE DO TERMO