"Knidos" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Estatua de mármore do s IV a C que se lle atribúe a Leocares. Representa a deusa sentada e vestida cun veo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Caria (Asia Menor), no extremo da península do Quersoneso. Fundada polos dorios, pasou a depender dos persas (540 a C) e durante o s V a C foi aliada de Atenas. Formou parte do Imperio de Alexandre o Grande e de diversos reinos helénicos, ata que se converteu en cidade libre dentro da provincia romana de Asia (129 a C). No templo de Afrodita situouse a escultura orixinal de Praxíteles coñecida como Afrodita de Knidos, esculpida en mármore, que representa a deusa núa no momento de ir tomar un baño. Os seus habitantes construíron en Delfos un tesouro de mármore ao redor de 560 a C dedicado a Apolo. Foi un pequeno templo in antis que se caracterizou polo emprego de cariátides no lugar de columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de medicina que, xunto coa de Cos, dominou o panorama da medicina grega antiga. Nela predominaron as teorías numéricas, pegada da escola pitagórica na concepción das enfermidades, que se consideraban desde o punto de vista da patoloxía local de cada órgano. A súa época de máis actividade corresponde aos ss VI e V a C. Os médicos máis destacados foron Ctesias, coetáneo de Hipócrates, Eurión, Eudox e Crisipo.

    VER O DETALLE DO TERMO