"Kyūshū" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do ken de Fukuoka, na illa de Kyūshū, Xapón (1.016.264 h [1997]). É unha conurbación industrial de cinco cidades situada ao N da illa e un gran complexo siderúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de xapón, a máis meridional do arquipélago (42.163 km2; 13.445.551 h [2001]). De orixe volánica, o seu relevo é montañoso con algúns volcáns activos (Aso, 1.593 m de altitude; Sakurajima, 1.140 m de altitude). A costa é recortada, con grandes entrantes. O clima é suave, influído polos monzóns. A vexetación é de tipo tropical (palmeiras). Os principais cultivos agrícolas son o arroz e o té. A pesca é moi activa, sobre todo no NO, onde hai xacementos de carbón e minerais de cobre, ferro, estaño e prata. A industria concéntrase nas cidades de Saseba, Kitakyūshū e Nagasaki, e a produción artesanal, sobre todo a referida á porcelana, localízase en Arita e Imari.

    VER O DETALLE DO TERMO