"Lancelote" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Adaptación do nome francés Lancelot, onde se aplicou o dobre diminutivo -el-ot ao nome xermánico Lanzo, derivado da raíz landa ‘país’. Presenta a variante Lanzarote. Este nome xa se usou na Idade Media como consecuencia da popularidade que acadaron as novelas de cabaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabaleiro da Táboa Redonda, da mítica corte do Rei Artur de Britania, nas narracións da materia de Bretaña. Discútese a orixe deste personaxe lendario, que, segundo algúns críticos, ten antecedentes nas antigas literaturas célticas. Non obstante , documéntase por vez primeira no poema narrativo alemán Lanzelet (1194-1204?), do suízo Ulrich von Zatzikhoven, quen afirmou que se baseou nun libro francés, actualmente perdido. Este libro descoñecido, quizais fonte orixinal do personaxe, influíu no Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181), novela en verso de Chrétien de Troyes que narra a aventura de Lancelote, amante de Xenebra, muller do Rei Artur. Nesta obra reúne as máis prezadas virtudes cabaleirescas (coraxe, honor e submisión amorosa) e grazas á última converteuse nun dos prototipos medievais do amor cortés e no mellor dos cabaleiros. Conta a lenda que foi amante fiel da Raíña Xenebra, esposa de Artur, aínda que unha noite, víctima dun encantamento,...

    VER O DETALLE DO TERMO