"Laodicea" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ou o Novo ( Ladiocea 313? - 329?) Bispo de Laodicea. Opúxose insistentemente ao Arrianismo afirmando a divindade de Xesucristo. Admitida a tricotomía antropolóxica (corpo, alma, espírito), ensinou que no Cristo este terceiro elemento estaba substituído polo logos divino, do que se segue que en Xesús non había natureza humana completa. A súa doutrina cristolóxica foi condenada polo Concilio de Constantinopla (381).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Frixia, fundada no s III a C por Antíoco II. Baixo o dominio romano foi capital de Frixia Prima. Fortificada durante a época bizantina, a causa das invasións musulmanas, foi conquistada polos turcos no s XII. Foi unha das sete igrexas mencionadas na Apocalipse. En 363 celebrouse un sínodo para a liturxia. Consérvanse restos do estadio (s I), do teatro e do acueduto, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Discípulo de Asclepíades de Prusa, residiu en Roma en tempos de Augusto. Fundou a escola metódica, oposta á empírica, que propoñía a investigación das causas da enfermidade no mesmo organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO