"Larraga" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Poeta romántico da década do 1850 integrante do Liceo de la Juventud. Estudiou Dereito na Universidade de Compostela. Dende moi novo promoveu no Liceo de San Agustín unhas xornadas literarias, que o converten xa nun punto de referencia do movemento literario compostelán. Alí trabou amizade con Pondal, Luís Rodríguez Seoane e Rosalía de Castro, a quen dedicou o poema “Improvisación” e sobre a que influirá nun futuro. De feito a poesía “El murmullo de las olas” de Aguirre vén sendo un adianto de “Negra sombra” de Rosalía. Participou tamén como miliciano no levantamento de 1854 e foi, xunto con Eduardo Pondal, unha das figuras sobranceiras do Banquete de Conxo. Amais dun drama e da narración Risas y lágrimas, el mesmo comezou a publicación da súa obra poética, volume que sairía do prelo postumamente co título de Ensayos poéticos (1856-1858). A súa poesía, chea de sentimentalismo ten en María, Efigenia e Felisa Taboada as súas protagonistas. Xa que logo, toda ela está inzada...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, drenado polo río Arga (1.920 h [2001]). De orixe romana, do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de San Miguel Arcángel.
VER O DETALLE DO TERMO