"Lemna" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de plantas herbáceas, flotantes, da familia das lemnáceas, que se caracterizan por ter follas lenticulares e flores unisexuais. Atópanse en augas tranquilas das zonas temperadas, formando un manto verde sobre a superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lemnáceas.

    2. Planta da familia das lemnáceas.

    3. Familia de plantas acuáticas, da clase das monocotiledóneas, de pequeno tamaño xeralmente laminares e flotantes, monoicas, de flores unisexuais aclamidias, cun só estame ou cun só carpelo. Está constituída por unha trintena de especies.

    VER O DETALLE DO TERMO