"Lentini" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Siracusa, situada na illa de Sicilia, Italia (27.454 h [1991]). Fundada en 729 a C como colonia grega, foi escenario das Guerras Púnicas e das invasións árabes, e adquiriu un certo dinamismo durante a Idade Media. Consérvanse restos arqueolóxicos da época grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, principalmente Ptolomeo, Heracleón, Teodoto ou Marcos. É unha teodicea filosófico-relixiosa onde se articulan estreitamente cosmoloxía e antropoloxía, que se fundamenta en tres hipóstases intelixibles: o primeiro principio ou abismo, o intelecto ou unixénito e a alma ou sabedoría. Da alma emanan en sucesivas degradacións a substancia psíquica, o demiúrgo, a materia e o mundo. O home participa dos tres elementos: intelixible, psíquico e material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (364-375). Proclamado emperador en Nicea despois da morte de Xoviano, asociou ao goberno o seu fillo Graciano e o seu irmán Valente. Tomou medidas para afrontar a crise económica e reformou a administración. Pacificou Britania (368-369), onde restaurou o muro de Adriano, e reprimiu a rebelión dos donatistas africanos (373-375).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (375-392), fillo de Valentiniano I. Accedeu ao trono aos 4 anos e en 387, foi destronado polo usurpador Máximo (387. Recuperou o trono grazas á axuda de Teodosio I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Occidente (425-455), fillo de Constancio III e de Gala Placidia. Obtivo a sucesión de Honorio, morto en 423, que fixo efectiva coa coroación (425) en Roma. Perdeu en 429 os territorios de África pero venceu a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de antimonio, de fórmula Sb2O3, que cristaliza no sistema rómbico en cristais incoloros de brillo diamantino, aínda que tamén se pode presentar en forma de agregados fibrosos. Ten unha dureza de 2 a 3 e unha densidade de 5,6 a 5,8.

    VER O DETALLE DO TERMO