"Lepanto" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do nomós de Etolia-Acarnania, Grecia, situada na costa setentrional do estreito que separa o golfo de Patras do de Corinto (8.200 h [estim 1980]). Antiga cidade da Locrida Ozolia, despois da Batalla de Egospótamos pasou a Lócrida (404 a C), aos etolios (338 a C) e, finalmente, aos romanos (191 a C). En época bizantina coñeceuse co nome de Épaklos. En 1407 pasou a poder dos venecianos, que a fortificaron, e os turcos apoderáronse dela en 1499. Nela librouse a batalla entre os otománs e a Liga Santa (Batalla de Lepanto).

    VER O DETALLE DO TERMO