"Lesbos" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa de Grecia, situada no mar Exeo, que constitúe un nomós da rexión de Exeo Meridional (2.154 km2; 105.082 h [1991]). A capital é Mitilene. Separada de Turquía polo estreito de Mitilene, ten un relevo pronunciado e costas accidentadas. A poboación habita en pequenas aldeas de pescadores. Colonizada por estirpes eólicas na Antigüidade, distinguiuse polo seu espírito aristocrático e oligárquico. Patria dos poetas Terpandro, Alceo e Safo, tivo cinco cidades importantes, dominadas por Mitilene. Colonizou as ribeiras de Asia Menor e en 417 a C uniuse á Liga Délica. Permaneceu sometida aos turcos entre 1462 e 1913.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Coñecido como O Sofista, atribúeselle a autoría da novela amorosa Dafne e Cloe (titulada orixinariamente Amores pastorais de Dafnis e Cloe), narración de ambientación bucólica, coa que se iniciou a novela pastoral.
VER O DETALLE DO TERMO