"Lewis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo norteamericano fundador da New Archeology. A obra de Binford caracterízase pola súa énfase na formación e contrastación de leis xerais en arqueoloxía, capaces de explicar as diferencias culturais reflectidas no rexistro arqueolóxico, e pola súa defensa do método hipotético-dedutivo fronte á simple indución. Traballou fundamentalmente en xacementos paleolíticos europeos, sobre todo do período Musteriense (opóndose ás teorías de Bordes), e paleoindios en Norteamérica. Promoveu a etnoarqueoloxía como instrumento de interpretación e adaptou á práctica arqueolóxica diversas análises procedentes doutras ciencias (tafonomía, etc). Entre os seus traballos cómpre salientar: An archaeology perspective (Unha perspectiva da Arqueoloxía, 1972), For theory building in archaelogy: essays on faunal remains, aquatic resources, spatial analysis and systemic modeling (Catro teorías arqueolóxicas: ensaios sobre os restos faunísticos, fontes de auga, análise espacial e modelos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles Lutwidge Dogson.
-
PERSOEIRO
Poeta irlandés. Estudiou en Oxford e formou parte da xeración de Auden e Spender. Foi profesor de poesía en Oxford, traduciu a Virxilio e escribiu ensaios e novelas policiais co pseudónimo de Nicholas Blake. A súa lírica evolucionou cara ao individualismo e entre as súas obras destacan Transitional Poem (Poema de transición, 1929) e Collected Poems (Antoloxía poética, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Comezou facendo teatro nas compañías Bristol Old Vic e Bristol Arts Centre. En cine realizou pequenos papeis secundarios a principios dos anos setenta, como no filme Sunday, Bloody Sunday (Domingo, maldito domingo, 1971). A súa carreira consolidouse na década dos oitenta nas películas My Beautiful Laundrette (A miña fermosa lavandería, 1985) e The Unbearable Lightness of Being (A insoportable levidade do ser, 1987). Outros filmes nos que participou son: My Left Foot (O meu pé esquerdo, 1989), co que gañou un Oscar; Last of the Mohicans (O derradeiro mohicano, 1992), The Age of Innocence (A idade da inocencia, 1993) ou In the Name of the Father (No nome do pai, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Sam Francis, recibiu a influencia de Clyfford Still. Establecido en París en 1950, coñeceu os informalistas. Creou nas súas obras un espazo a base dunha xustaposición de manchas monocromas, que despois activou con grandes manchas de cor e con espacios intermedios, nos que baleirou un goteo de pintura. A mediados da década dos sesenta achegouse ás correntes minimalistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Exerceu como profesor na Ethical Culture High School de Nova York, ata que en 1903 decidiu utilizar a fotografía como elemento pedagóxico. Interesado nas condicións de vida dos inmigrantes neoiorquinos, dedicouse a denunciar a explotación dos nenos traballadores. En 1918, contratado pola American Red Cross, trasladouse a Europa para fotografar as consecuencias da Primeira Guerra Mundial. Destaca o realismo dos seus traballos, especialmente na construción do Empire State Building.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Escocia, Reino Unido, situada na costa O. É a máis grande das Illas Hébridas (2.135 km2; 23.390 h [1981]). O relevo é montañoso, especialmente no S, e a súa economía baséase na pesca, nas industrias derivadas e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carlton Frederick Lewis.
-
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e lóxico matemático estadounidense. É coñecido polas súas contribucións no ámbito da lóxica modal e, especialmente, polo que respecta ao cálculo que el denomina da implicación estrita. Escribiu Mind and the World Order (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Especializouse en xenética e meteoroloxía. Investido doutor honoris causa polas universidades de Minnesota (EE UU) e Umeå (Suecia), en 1995 recibiu, xunto con Christiane Nüsslein-Volhard e Eric F. Wieschaus, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polo descubrimento dos xenes homeóticos, tras estudar unha variedade de mosca Drosophila melanogaster e descubrir que a mutación destes xenes provoca que unha parte do corpo sexa igual ca a outra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Realizou, xunto con Kossel e Langmuír, estudios sobre o enlace dos átomos por dobretes electrónicos e a teoría da valencia en xeral, que deron como resultado o modelo de átomo cúbico estático para explicar a teoría do octeto. Introduciu un novo concepto de ácido e base, denominados ácido de Lewis (moléculas que aceptan pares de electróns) e base de Lewis (moléculas que ceden pares de electróns), e formulou a teoría que leva o seu nome, segundo a que o enlace covalente se debe ao compartimento de pares de electróns entre os átomos dunha molécula. Tamén conseguiu illar o deuterio e obter auga pesada pura (combinando osíxeno e deuterio).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joseph Levitch.
-
PERSOEIRO
Dirixente sindicalista estadounidense. Traballou como mineiro e en 1920 converteuse en presidente do United Mine Workers of America (UMW). Apoiou sucesivamente as candidaturas republicanas (Hoover en 1928 e Wilkie en 1940) e demócratas (Roosevelt en 1933). En 1935 fundou o Congress of Industrial Organizations (CIO), que presidiu ata 1940.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escritor e crítico inglés. Adiantou o vangardismo en Reino Unido e foi o fundador do vorticismo (1912) e do Rebel Art Center (1914), ademais de editor da revista Blast. Avanzou desde a abstracción cara a un figurativismo cubista. Pintou A rendición de Barcelona. Na súa literatura manifesta unha defensa do fascismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor galés. Cofundou o partido nacionalista Plaid Cymru (1925) e traballou na recuperación do galés, lingua en que escribiu moitos dos seus textos, de xéneros tan diversos como poesía, teatro, ensaio e novela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Na súa obra destaca a monotonía, a frustración emocional e a falta de valores espirituais e emocionais da clase media estadounidense. Da súa produción destacan as novelas realistas sobre a vida de provincias, Main Street (1920), Babbitt (1922) e Kingsblood Royal (1947). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1930.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de antíxenos presentes na membrana dos eritrocitos, ao ser captados polo líquido plasmático. Actúa sobre as glicoproteínas solubles producidas polas glándulas salivares e sobre os glicolípidos transportados polo plasma. Os antíxenos de Lewis fórmanse nos tecidos baixo o control de dous alelos, designados por Le (dominante) e le (recesivo). Ten un papel importante nos procesos de inmunidade relacionados cos transplantes de órganos.
-
PERSOEIRO
Economista. Foi profesor de economía nas universidades de Manchester (1947-1958) e Princeton (1963-1983), conselleiro do primeiro ministro de Ghana e fundador e director do Caribbean Development Bank (1970-1973). Especialista nos problemas de desenvolvemento, escribiu The Principles of Economic Planning (1949), Development Planning (1966), Tropical Development 1880-1913 (1971) e Growth and Flutuations 1870-1913 (1978). En 1979 compartiu o Premio Nobel de Economía con Theodore W. Schultz polos seus estudios sobre a pobreza e o desenvolvemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Reino Unido, situada ao S do Támesis e integrada na área metropolitana de Londres (226.700 h [1989]).
VER O DETALLE DO TERMO