"Libredón" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Revista subtitulada “Órgano del Centro Gallego de Santander” que apareceu en xullo de 1956. Dirixiuna José Carballeira e, posteriormente, Xosé Leyra. Incluía artigos, información sobre o centro e poesías. Redactouse en castelán agás algúns poemas de Pura Vázquez e Victoriano Taibo, ou a lenda “A raíña Lupa”, de Leandro Carré. A partir de 1979 a produción en galego adquiriu certa relevancia e nela incluíuse unha recensión do libro de Rosalía de Castro Entre a poesía e a política, o himno galego, poemas e relatos, debuxos de humor de Castelao e diversos artigos sobre o Día das Letras Galegas. Entre os colaboradores figuran Pedro X. Blanco, Filgueira Valverde e Alonso Montero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de narrativa breve editada por Edicións d’a Recadadiva Galega a partir de 1924. Editáronse dous volumes en que participaron E. Correa Calderón, A. Villar Ponte e Xabier Pardo. Ilustrada por Juan Luís, Álvaro Cebreiro e Mariano Miguel, a publicación estaba aberta a escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santander a partir de xullo de 1956. De tendencia conservadora e oficialista, editouse baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Santander”. Publicou poesías en galego e artigos de colaboradores como Dionisio Gamallo Fierros e Camilo José Cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1875 que cesou o 20 de marzo de 1887. Fundado por A. Rey Varela e X. Mª Paredes, propietario dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu na primeira etapa, o seu propietario e director pasou axiña a ser Antonio Toledo ata a súa morte, o 16 de marzo de 1885, a quen sucedeu Alfredo Brañas. Na derradeira época, o xornal estivo a cargo de Hermenexildo Calvelo. Baixo o subtítulo de “Periódico católico, político e literario”, foi un destacado defensor dos intereses da Igrexa á marxe da política.

    VER O DETALLE DO TERMO