"Licín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • Privado ou desprovisto de cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico presente no allo, responsable fundamental do cheiro da planta. É irritante no contacto coa pel e ten acción antibacteriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia antibiótica ou complexo de substancias antibióticas do tipo das bactericinas que poden segregar algunhas bacterias e que son efectivos contra certas cepas de colibacilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cónsul e xeneral romano. Loitou na facción aristocrática de Sila durante a guerra civil (83-82 a C) e beneficiouse das confiscacións dos seguidores do grupo revolucionario popular liderado por Mario; acumulou, deste xeito, unha gran riqueza que aumentou mediante a especulación e os préstamos con usura. Nomeado cuestor no 81 a C, accedeu ao cargo de pretor no 71 a C, desde o que se enfrontou coa revolta de escravos dirixida por Espartaco, aos que derrotou en Lucania. Cónsul no 70 a C, exerceu a censura no 65 a C. Formou parte do Primeiro Triunvirato, xunto con Xulio César e Pompeio Magno, no 60 a C. Cónsul de novo con Pompeio (55 a C), serviu como procónsul de Siria no 54 a C, onde emprendeu unha campaña contra os partos na que cruzou o Éufrates e conquistou parte de Mesopotamia. No 53 a C foi derrotado pola cabalería dos partos na Batalla de Carres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hora na que cantan os galos próxima ao amencer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (253-268), fillo de Valeriano I. Asociado ao trono polo seu pai dende agosto do 253, gobernou as provincias occidentais. Despois de que os persas apresaron o seu pai no 260, quedou como único emperador. Tentou limitar o poder do Senado, impulsou a cultura, protexeu os filósofos e mellorou as condicións dos grupos máis pobres. Desenvolveu a cabalería no exército, derrotou os alamáns que se dirixían a Italia (259) e, trala morte do seu fillo Valeriano I, ao redor do 260, enfrontouse a diversos usurpadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aminoácido non esencial, o máis simple e sen C asimétrico.

    2. Ácido paraoxifenilaminoacético empregado como revelador de emulsións negativas, especialmente en procesos lentos.

    3. [Wisteria

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glicósido obtido por oxidación da salicina con ácido nítrico diluído. Forma compostos coa urea, a tiourea e certos aminoácidos.

    2. Substancia obtida da mucilaxe dos caracois. Se se mestura con azucre obtense unha pasta peitoral que se emprega en medicina alternativa nas doenzas pulmonares. Tamén se lle outorgan poderes de reconstrución dos tecidos e da mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha reducida pertencentes á familia dos helicínidos. Engloba varias especies, entre as máis comúns, encóntranse a H. amoena, H. hojarasca e H. oweniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos helicínidos.

    2. Molusco da familia dos helicínidos.

    3. Familia de gasterópodos aspidobranquios que engloba especies exclusivamente terrestres que habitan en solos húmidos é ricos en vexetación. Están distribuídos por zonas tropicais e son prexudicias para algunhas colleitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio amargo que se presenta nas follas do acivro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia romana de orixe plebeo, que procede do territorio etrusco e que representou un importante papel político na Roma republicana. Un membro dela, Caio Licinio Estolón (s IV a C), tribuno da plebe (376-367 a C), foi o autor das leis licinias, polas que os plebeos accederon ao consulado, creouse o cargo de pretor e regulouse o aproveitamento do ager publicus. As principais ramas desta familia foron a dos Crasos e a dos Lúculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (308-324). Proclamado polo seu amigo Galerio (308), compartiu con el o goberno de Oriente. Despois da morte daquel derrotou a Maximino Daia (312) preto de Adrianópole, en alianza con Constantino. Desamigado con este foi derrotado en Cibalae (314) e en Adrianópole (324).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Acompañou a Lucio Cornelio Sula nas guerras mársica e mitridática. Edil (79 a C) e pretor (78 a C), foi nomeado cónsul en 74 a C co apoio de Sula. Derrotou a Tigranes no seu avance por Armenia. Posteriormente tivo que cederlle o mando a Pompeio (66 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e estratega romano. Gobernador de Asia, provocou a segunda guerra contra Mitridates VI do Ponto (83-81 a C) e, logo de recibir a axuda de Lucio Cornelio Sula, conseguiu o triunfo. O seu fillo Lucio Licinio Murena deulle o nome á Lex Licinia Iula sobre a notificación das propostas de lei.

    VER O DETALLE DO TERMO