"Liechtenstein" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Central, situado entre Austria, ao N e L, e Suíza, ao O e S (160 km2; 32.863 h [estim 2001]). A capital é Vaduz.
    Xeografía
    O relevo é montañoso ao L, onde se atopan os picos Ochsenkopf (2.286 m) e Falknis (2.560 m), mestres que ao O está formado pola chaira aluvial do Rin. O clima, fresco na rexión montañosa, suavízase no val. O país está densamente poboado. Dos cultivos, que se localizan no val do Rin e que se destinan a consumo local, destacan as patacas, a vide e as froitas. A abundancia de pastos favorece a gandería, sobre todo bovina. A industria céntrase na téxtil, na metalúrxica, na mecánica, na cerámica e na alimentaria. A principal fonte de ingresos é o turismo, pero sobre todo as finanzas. Pola estabilidade política do país, o secreto bancario e as baixas cargas fiscais, é a sede de máis de 25.000 empresas estranxeiras.
    Sociedade e goberno

    Diversidade étnica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Liechtenstein ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Liechtenstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Foi autor dun dos primeiros poemarios autobiográficos en lingua alemá, Frauendienst (Ao servizo das mulleres, 1255), que recolle unhas sesenta cancións pertencentes ao xénero do amor cortés.

    VER O DETALLE DO TERMO