"Liexa" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Fillo de Godofredo III, duque de Lorena, e de Margarida de Limburgo, foi Bispo de Liexa (1191) e Cardeal. Por mandato do Emperador Enrique IV morreu asasinado en Reims; o corpo levárono a enterrar a Bruxelas. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Maastricht e Liexa e evanxelizador das Ardenas. Patrón dos cazadores, dos cans de caza e dos gardas forestais, é avogoso contra a rabia, enfermidade tamén chamada “mal de santo Humberto”, e contra as serpes velenosas. Na iconografía viste hábito monacal negro e leva como atributo persoal: unha cruz na fronte. Ás veces pode ir acompañado por un cervo cunha cruz entre a cornamenta, un oso, amais dun cabalo, cans de caza, un falcón ou de cornos de caza. A súa festividade celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Maastricht. Foi apóstolo dos habitantes das illas de Nova Zelanda. Na iconografía represéntase como bispo, con mitra e báculo, e leva como atributo un oso erguido. A súa festividade celébrase o 14 abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Valonia e da provincia homónima, Bélxica, situada na confluencia dos ríos Mosa e Ourthe (184.550 h [2001]). É un importante núcleo industrial e posúe fundicións de ferro e aceiro, industria do vidro, minería de carbón, refinerías de cobre e zinc e fábricas de cemento. Chamada Leodum ou Leodicum en época romana, en tempos de Carlomagno destacou polas súas escolas. No s XIV os borgoñóns apoderáronse da cidade pero a súa tiranía provocou revoltas (1408, 1466 e 1468). Maximiliano de Borgoña doou a independencia á cidade en 1477, que tivo un grande esplendor cultural no s XVI e en 1684 Maximiliano II Manuel de Baviera suprimiu todas as institucións democráticas. Durante a Revolución Francesa foi incorporada a Francia; despois do Congreso de Viena pasou aos Países Baixos e, como consecuencia dos feitos revolucionarios de 1830, a Bélxica. Do seu patrimonio cultural destacan a abadía de Saint-Jacques, a catedral gótica de Saint-Paul e o Palais des Princes-Évêques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do L de Bélxica, situada en Valonia, fronteiriza ao L con Alemaña (3.862 km2; 1.019.442 h [2000]). A capital é Liexa. Comprende as rexións naturais de Herve, ao NL, de hábitat disperso e economía gandeira e a de Hesbaye, ao NO, de economía agraria e dúas áreas industriais destacadas, a situada ao redor de Liexa, centrada no carbón, e a área do val de Vesdre, centrada en Verviers e baseada no sector téxtil. Provincia basicamente francófona, comprende pequenos núcleos de fala flamenga en Eupen-et-Malmédy e tamén o distrito de Moresnet.

    VER O DETALLE DO TERMO