"Lires" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • RIOS

    Río que nace no monte Petón Branco, na parroquia de Toba (Cee), que desemboca no Océano Atlántico e forma a pequena ría homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cee baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena ría da Costa da Morte, formada na desembocadura dos ríos Castro e Lires, que baña o litoral das parroquias de Frixe e Nemiña (Muxía) e Lires (Cee). A área afectada pola acción intermareal prolóngase nunha lonxitude aproximada de 1.300 m, delimitada pola praia de Nemiña, ao N, e a punta do Mellón de Lires, ao S. A ría, escavada sobre unha litoloxía granítica de cronoloxía paleozoica, ten dous entrantes: o principal, en dirección L-O, coincide coa que trae o leito do río Castro no seu curso baixo; e outro en dirección SSL-NNO, que concorda coa do leito do río de Lires no seu treito final. Foi incluída na relación galega de espacios naturais propostos para integrar a Rede Natura 2000 da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a ría de Lires e a punta Coído de Calboa, na parroquia de Lires (Cee).

    VER O DETALLE DO TERMO