"Lisboa" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no 1779 polo duque de Landes. Comprende unha sección de ciencias e outra de artes. Dispón dunha importante biblioteca.
-
PERSOEIRO
Franciscano, predicador e teólogo. Foi ordenado sacerdote en Coimbra e en 1220, con motivo de pasar as reliquias dos primeiros franciscanos mártires do Marrocos, ingresou na orde de San Francisco trocando o seu nome de pía, Fernando, polo de António. Logo marchou como misioneiro ao norte de África para predicar entre os musulmáns, pero unha súbita enfermidade obrigouno a reembarcar. Cando regresaba, unha tempestade levouno ata as costas de Sicilia. Seguidamente, marchou a Asís, berce do fundador da súa orde. Alí, consagrouse á predicación e acadou renome cos seus sermóns, o que o levou a ensinar Teoloxía en distintas escolas da Occitania. Durante os anos 1223-1225 ensinou en Boloña (Santa Maria della Pugliola), e logo en Montpellier e Toulouse, entre outros lugares; destas ensinanzas naceu a Escola Teolóxica Franciscana. A teoloxía dos seus Sermones dominicales e os Sermones in solemnitatibus Sanctorum é marcadamente querigmática e presenta un carácter pastoral. No 1230...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Portugal e do distrito homónimo (564.657 h [2001]). Está situada á beira do Tejo, a poucos quilómetros do esteiro, denominado Mar da Palha. Desde 1900 experimentou un gran crecemento demográfico, que provocou a expansión territorial por ambas as dúas beiras do esteiro do Tejo, chegando a ter 2.561.225 h en 1991. Polo feito de ser Lisboa un eixe nas grandes rutas transoceánicas converteuse nun gran porto activo. Ás funcións administrativas e políticas únese unha grande actividade comercial e industrial, onde destaca a construción naval, a siderúrxica, a maquinaria, a industria papeleira, a téxtil, a de fabricación de pneumáticos e a química. De orixe incerta, a tradición sitúa a Ulises como fundador da cidade, co nome Olisipo ou Ulissipo. Foi ocupada polos fenicios (1200 a C), e posteriormente por Roma, pasando a chamarse Felicitas Julia (s II). Pertenceu aos reinos suevo e visigodo e en 714 foi sometida polos musulmáns. Afonso I de Portugal recuperouna e incorporouna ao Reino...
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (2.795 km2; 2.136.002 h [2001]). A súa capital é Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e escultor brasileiro. Coñecido como o Aleijadinho, foi moi representativo na vitalidade do Barroco no Brasil. As súas obras mestras son a igrexa de São Francisco (1774) e o grupo de esculturas a tamaño natural dos Doce Profetas (1800-1805), que se expoñen ao aire libre en Cogonhas do Campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo de arte antiga fundado en 1884 baixo o nome de Museu Nacional de Belas Artes e Arqueologia, no palacio Alvor-Pombal de Lisboa. Os seus fondos iniciais proviñan do espolio artístico sofrido por numerosos conventos portugueses en 1834; posteriormente incrementáronse con doazóns e novas adquisicións. A súa colección abrangue desde restos arqueolóxicos a obras pitóricas europeas da Idade Moderna, desde o s XII ao XIX, gravados dos ss XIX e XX, así como todo tipo de obxectos preciosos e artes decorativas. En 1911 modificou o seu nome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club deportivo portugués creado o 13 de setembro de 1908 coa fusión do Sport Clube de Benfica e do Sport Lisboa. En fútbol foi en 31 ocasións campión de Liga, 24 da Taça de Portugal e dúas veces campión de Europa (1960-1961, 1961-1962). Xoga no Estadio da Luz de Lisboa e viste camiseta vermella e pantalón branco.