"Lomé" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 156.

    1. Acción de aglomerar ou aglomerarse.

    2. Masa ou conxunto de cousas ou persoas aglomeradas.

    3. Parte do proceso de instantaneización que permite conseguir, mediante a humidificación controlada, que produtos que forman gromos ao seren engadidos á auga ou ao leite se disolvan facilmente. É o caso de substancias en po como o cacao, o leite deshidratado, o café soluble, etc.

    4. Conxunto de vivendas compacto e de calquera dimensión. A aglomeración rural é unha unidade de poboación rural agrupada (lugar, aldea); a aglomeración urbana é unha unidade de poboación urbana (vila, cidade). En xeografía urbana resérvase o nome de aglomeración para designar o conxunto formado por unha cidade principal e por outras cidades menores veciñas (Nova York, Gran Bilbao, Golfo Ártabro, Rías Baixas).

    5. Acción de reunir partículas de pequenas dimensións, homoxéneas ou heteroxéneas, en masas, máis ou menos compactas, de maior dimensión, sen facelas pasar polo estado líquido. Casos particulares de aglomeración son a granulación, a nodulación, a compactación, a sinterización e, en termos xerais, a extrusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aglomerar.

    2. Rocha ou depósito que reúne as condicións dun aglomerado.

      1. Rocha clástica (ou detrítica) pouco coherente constituída por fragmentos de rochas anteriores unidos por cemento.

      2. Conxunto non consolidado de materiais piroclásticos (volcánicos) angulosos de máis de 3,2 cm de diámetro.

    3. Material resultante dun proceso de aglomeración. Casos particulares de aglomerados son as láminas de partículas ou de fibras, de carbón ou doutros produtos. Poden ser considerados tamén como aglomerados de tipo especial os panos de todas as clases (inclusive papel e cartón), os produtos cerámicos e os metais sintetizados.

    4. Aglomerado de po de carbón, en forma de ladrillo (utilizado polos ferrocarrís e os barcos de vapor), ou de bólas ou ovoides (empregados nos fogares).

    5. Aglomerado feito cos restos da fabricación de cortizas. A cortiza tritúrase de forma que se converte nun granulado, que é escaldado e aglomerado a presión seguindo procedementos especiais segundo as diversas clases de aglomerado: aglomerado negro, aglomerado branco, aglomerado para discos e aglomerado para tapóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para aglomerar.

    2. Aglutinante utilizado para aglomerar.

    3. Linguas aglutinantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir, xuntar en masa compacta.

    2. Xuntarse unha gran cantidade de persoas ou cousas nun mesmo espacio, xeralmente de forma apertada e pouco ordenada.

    3. Formar unha masa coa axuda de calquera dos procedementos de aglomeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula indicadora dunha cantidade aproximada de persoas ou elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno da existencia de substancias que, a pesar de diferir quimicamente, teñen a mesma forma cristalina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación de crecemento entre unha parte e a totalidade dun organismo, ou entre dúas partes, cando os tantos por cento de crecemento manteñen unha relación constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á alometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condottiero (‘mercenario’) italiano. Loitou a soldo do Papa (1478), da familia Orsini (1496) e do Rei Fernando II de Aragón (1503) contra as tropas francesas polo Reino de Nápoles. No 1507 pasou ao servizo de Venecia. Prisioneiro dos franceses na Batalla de Agnadello (1509-1513), aínda estando ao servizo de Venecia, contribuíu á vitoria francesa de Marignano (1515) contra os suízos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Seguidor de Miguel Anxo, foi mestre de Giambologna. Rematou a continuación do Palacio Pitti de Florencia (1560-1577) e construíu en Roma o Colexio dos Xesuítas (1578).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Mantivo unha relación de amizade con Nietzsche, Rilke e Freud, de quen foi discípula. A súa influencia reflíctese en obras como: Friedrich Nietzsche in seinen Werken (‘Friedrich Nietzsche nas súas obras’), publicada en 1894; Rainer Maria Rilke, Gedenkbuch (‘Lembranza de Rainer María Rilke’), en 1928; e Mein Dank an Freud (‘O meu agradecemento a Freud’), no ano 1931. A súa autobiografía (1951) debuxa unha panorámica da vida cultural centroeuropea de comezos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi capelán da Emperatriz María de Austria. De temática bastante uniforme, a súa escrita é elegante e con influencias clásicas (foi un fervente horaciano). Unha parte dos seus poemas foron impresos en Rimas (1634) xunto cos do seu irmán. Como historiador escribiu, entre outras obras, os Anales de Aragón (1630), continuación dos de Zurita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglomeración obtida sen intervención de aglutinantes, sexa por simple acción da calor ou da presión, ou mesmo por calquera outra técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida dunha distancia ou altura cun bastón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tallador. Comezou como escultor, traballando no coro de Santa María Novella en Florencia (1491-1496). Foi primeiro mestre de obras da Catedral de Florencia (1507-1515). Outra das súas obras, o Palacio Bartolini-Salimbeni de Florencia (1517-1520), influído por Raffaello Sanzio e Sangallo o Novo, provocou grandes controversias xa que se afastaba da tradición de Brunelleschi ao intercalar fornelos entre as fiestras, que estaban coroados por frontóns curvos ou triangulares. Outras obras florentinas súas son os campanarios da Igrexa do Santo Espírito e de San Miniato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederick Llewellyn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo escocés. Foi un dos fundadores da Royal Scottish Geographical Society (1884). Introduciu o sistema de representación do relevo por medio de cores. A súa obra máis coñecida é Times Survey Atlas of the World (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona, traballou en Santiago de Compostela dende a década dos anos sesenta, onde formaba equipo con Carlos Almuíña Díaz e Rafael Baltar Tojo. Nesta cidade recóllese gran parte da súa obra: edificio dos xulgados de Santiago, subestación de Fenosa da rúa Galeras, Pavillón do colexio Peleteiro, etc. Interveu tamén en proxectos de rehabilitación e restauración do núcleo histórico compostelán: a rehabilitación do Teatro Principal e do Salón Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Catedrático en Lingua Grega e Latina, entre as súas obras destacan Gramática latina arreglada a las varias clases de esta asignatura en los Institutos y conforme a los programas y leyes de enseñanza vigentes (1859) e Epítome de la Literatura griega y latina (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Estudiou Filosofía e Letras na Universidade de Madrid (1871-1874) e na Escola Superior de Diplomática (1876-1877 e 1880-1881). Foi director do Museo Pedagógico Nacional (1883-1929), o primeiro catedrático de Pedagoxía en España (1904), conselleiro de Instrución Pública (1921) e presidente do padroado de Misiones Pedagógicas (1931). Foi o principal discípulo de Francisco Giner de los Ríos, fundador da ILE (Institución Libre de Enseñanza), e o principal defensor dos plans que Giner trazara para a reforma da educación e da sociedade española, participando, por exemplo, na Fundación Sierra-Pambley ou na Escuela-Asilo Sotés. Tivo unha forte vinculación coa sociedade e cultura galega a través da súa esposa Carmen López-Cortón Viqueira. A partir de 1890, e acompañado frecuentemente por Francisco Giner e outros profesores institucionistas, pasou os veráns na casa grande de San Vitorio en Vixoi (Bergondo), e influíu nas primeiras experiencias de colonias de vacacións escolares en Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO