"Lorena" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Nome do territorio formado por Alsacia -agás o territorio de Belfort- e unha parte de Lorena, pertencente a Alemaña nos períodos 1871-1918 e 1940-1944. Foi cedido por Francia a Alemaña na Paz de Frankfurt (1871), que puxo fin á Guerra franco-prusiana, pertencendo ao Imperio Alemán ata 1918, que volta a Francia logo da Primeira Guerra Mundial. O territorio comprende unha grande maioría de poboación de lingua xermanica, agás a zona de Metz, de fala francesa. As súas dúas partes constitutivas xamais tiveron unha historia común. Foi erixido en Reichsland, directamente dependente do Reich, pero sen chegar a constituír un estado federado. O territorio obtén a institución dunha Dieta bicameral e tres votos no Bundesrat no 1911. A vitoria aliada do 1918 prodúcese nunha etapa de incompleta asimilación a Alemaña de Alsacia-Lorena. A reincorporación a Francia comporta dificultades, malia aos sentimentos favorables da maior parte da poboación, debido ao contraste entre o proceso de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque da Baixa Lorena (977-992), fillo de Luís IV de Francia e irmán de Lotario, rei de Francia e Lotarinxia. Invadiu no reino deste coa axuda do seu curmán, o Emperador Otón II e fíxose proclamar rei no 978, pero houbo de retirarse ao pouco tempo. Reconciliouse co seu sobriño, Luís V de Francia, fillo de Lotario, e trala súa morte (987) converteuse en sucesor ao trono, non obstante Adalberón, arcebispo de Reims, consagrou a Hugo Capeto como duque de Francia. Carlos apoderouse de Laon (988) e de Reims (989), e no 991 foi capturado e entregado a Hugo, xa rei de Francia, que o encarcerou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1545-1608), fillo do duque Francisco I e de Cristina de Dinamarca. Defendeu a causa católica en Francia durante as guerras de relixión. Desenvolveu a economía nos seus estados e fundou a Université de Pont-à-Mousson en 1572.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1625-1675). Ocupados en 1663 os seus estados por Luís XIII, entrou ao servizo de España e dos Habsburgo na Guerra dos Trinta Anos. Recuperou Lorena entre 1641 e 1644, e novamente en 1661. En 1670, expulsado definitivamente de Lorena, chegou de novo a Alemaña, onde loitou con Guillerme de Orange. En 1675 conquistou Tréveris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque nominal de Lorena (1675-1690). A causa da oposición de Luís XIV, nunca puido tomar posesión do seu dominio. Casado cunha irmá de Leopoldo I, serviu a Austria como mariscal. En 1683 comandou o exército que liberou Viena do sitio turco, tomou Buda en 1686 e obtivo a vitoria de Mohács en 1687. Loitou no Rin e tomou Maguncia e Bonn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Gellée.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Borgoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do NL de Francia (23.547 km2; 2.310.376 h [1999]). Comprende os departamentos de Meurthe-et-Mosella, Meuse, Mosella e Vosgos. A súa capital é Nancy. Constitúe unha rexión fronteiriza entre Francia e Alemaña e unha rexión de paso. Presenta un relevo de altiplanos calcarios que alternan con chairas arxilosas, que forman bandas paralelas e lonxitudinais e dan lugar a un relevo de cuestas. A rede hidrográfia está formada polos ríos Mosa e Mosella. O clima, baixo a influencia do anticiclón continental e as depresións atlánticas, é moi rigoroso. A evolución demográfica estivo ligada ao seu desenvolvemento industrial, e a súa poboación concéntrase principalmente na área industrial. Os rendementos da agricultura son baixos e produce cereais, millo, forraxe e colza. Ten gandería bovina e explotación forestal nos Vosgos, pero a actividade industrial é a súa base económica. Ao carón da tradicional industria téxtil, desenvolveuse un gran complexo industrial,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede de Lotharingia ‘dominio de Lotario’ e que se corresponde coa advocación da Virxe da rexión francesa de Lorena. A súa festividade celébrase o 10 agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Cristina de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO