"Lourdes" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Pintora portuguesa. Diplomada en Pintura pola Escola de Belas Artes de Lisboa en 1956, instalouse en París (1958) e participou na fundación da revista e do Grupo KWY. Interesouse polo traballo da serigrafía apoiada por Arpad Szens e Vieira da Silva e, desde 1966, dedicouse ao teatro de sombras. Desta etapa é a serie Sombras projetadas, centradas no estudo das siluetas recortadas sobre pranchas de plexiglás, teas ou sabas que en 1974 expuxo nas principais cidades europeas. Realizou Grande herbário de sombras (1972), sobre as especies botánicas da illa de Madeira, e o espectáculo A Linha do Horizonte (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tenista. O seu primeiro triunfo internacional acadouno no campionato de Europa individual na categoría cadete en xullo de 1997, e nese mesmo ano, coa selección española, foi subcampiona de Europa cadete e medalla de bronce na Continental Cup sub-18 (Miami); ademais, en decembro, proclamouse campioa da Orange Bowl sub-16 de Florida, considerado o campionato do mundo da categoría. Con este palmarés, ao que se sumaron dous títulos do circuíto Challenge WTA en dobres, a Federación Europea de Tenis nomeouna mellor xogadora sub-16 do continente en 1997. En 1998, á parte de 9 campionatos Challenge WTA, individuais e dobres, acadou o terceiro posto no campionato de Europa junior individual e os subcampionatos mundial por equipos e dobres na Orange Bowl sub-18. En xuño de 1999 conquistou o título júnior dos campionatos internacionais de Francia (Roland Garros). Completou ese ano con sete novos títulos Challenge WTA, o campionato de Europa absoluto por equipos e o subcampionato do mundo sub-18 coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir de marzo de 1897 subtitulada “Revista Católica Quincenal”. Dirixida por Crisanto Soto, incluíu artigos relacionados coa peregrinaxe dende Pontevedra a Lourdes. Trátase dun boletín propagandístico que procuraba promocionar o culto da Virxe de Lourdes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Gascoña, Occitania, situada no departamento de Altos Pireneos, Francia (16.300 h [1990]). Está situada ao pé do Pireneo Occidental e converteuse nun centro de peregrinaxe mariana internacional desde que, en 1858, Bernadette Soubirons afirmou que se lle aparecera a Virxe nunha cova chamada Masabièla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Merca. Construída entre 1959 e 1960, diante da gruta de Nosa Señora de Lourdes, ornamentouse con retablos neogóticos dos irmáns Garrido de Parderrubias. Ten vidreiras alusivas aos santos e á Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO