"Lousame" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Lousame, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Noia, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia da Coruña, a 42° 47’ de latitude N e 8° 51’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Noia (Noia), e Brión (Santiago), ao L cos de Rois, (O Sar), e Rianxo (Barbanza), ao S cos de Rianxo e Boiro (Barbanza) e ao O cos de Porto do Son e Noia (Noia). Localízase a 98 km da Coruña e a 40 km de Santiago de Compostela. Abrangue unha superficie de 93,6 km 2 cunha poboación de 3.756 h (2007), distribuída nas parroquias de Camboño, Fruíme, Lesende, Lousame,Tállara, Toxos Outos e Vilacova. A súa capital é a aldea de Portobravo, na parroquia de Lousame. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Noia.
    Xeografía física
    Localízase no interior da península do Barbanza. No seu relevo distínguense dúas unidades ben diferenciadas, a montaña e a ribeira. As terras altas ocupan gran parte da superficie do concello. O O está formado polo extremo oriental...

    VER O DETALLE DO TERMO