"Luque" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado nas cordilleiras Béticas, ao N de Sierra de Cabra (3.325 h [2001]). A economía baséase na agricultura, na gandería e nas industrias derivadas. Como patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1976, o castelo medieval Venceire e a Torre Fuente Alhama declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e arqueólogo. Catedrático de Arqueoloxía da Universidad de Salamanca (1949-1959) e Barcelona, dedicouse ao estudo da Prehistoria do N de Castela e León e Nafarroa. Da súa produción destacan La Humanidad prehistórica (1968), El proceso histórico de la antigua población peninsular, Tartessos (1970), Tartessos. La ciudad sin historia (1970-1975) e La prehistoria española (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Foi membro fundador, primeiro conselleiro, delegado e director (1977-1982) de Avui. Escribiu as obras narrativas Tina a interludis (1956) e Pol-len (1963, premio Víctor Català). Foi director xeral de Cine, Música e Teatro do departamento de cultura da Generalitat de Catalunya (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto. Foi bibliotecario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación de Madrid e fundador do Instituto Nacional de Previsión. Publicou Reseña histórica de la Real Academia matritense de Jurisprudencia y Legislación (1884) e Una campaña en pro del seguro y de la previsión popular (1926-1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como La Argentina, trasladouse a España, onde se incorporou ao ballet do Teatro Real de Madrid. Xunto con Encarnación López, La Argentinita, protagonizou a modernización da danza española no s XX. Realizou varios espectáculos por Europa, e creou en 1929 a primeira compañía de ballet español en París. Dos seus espectáculos destacan Goyescas, de Granados e El amor brujo de Falla. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO