"Luxor" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Luxor, Exipto, situada á beira oriental do mesmo nome, que deu nome ás ruínas da antiga cidade exipcia de Tebas (153.758 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Exipto (55 km2; 361.100 h [1996]). A súa capital é Luxor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo exipcio de época faraónica, construído durante a dinastía XVIII, situado no pobo moderno do mesmo nome, na beira oriental do Nilo. É a obra capital da arquitectura do Reino Novo e a súa construción débese a Amenofis III e Ramsés II. Orixinalmente estaba unido a Karnak por unha vía de esfinxes. A parte do templo construída por Ramsés II comprende un obelisco de 25 m, un gran pilono, un patio e tres pequenas capelas consagradas á tríade tebana formada por Amón, Mut e Khonsú. As construcións de Amenofis II constan dun pilono, unha columnata, un gran patio, a sala hipóstila, a primeira e a segunda antecámaras e o santuario da barca de Ammón. Aquí comeza a parte do santuario de Amón, inaccesible ao público en época antiga, rodeado de cámaras decoradas de relevos pintados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación de recreo romana.

    VER O DETALLE DO TERMO