"Magdalena" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Artista téxtil polaca. Iníciase na pintura e na escultura pero remata por concentrarse na arte do tecido, especialidade que renova con técnicas e procedementos novos sobre a base da utilización de materiais tradicionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A súa obra, fundamentalmente paisaxística, caracterízase polo emprego da mancha ao modo postimpresionista, pola captación da luz e polas referencias á realidade. Participou en numerosas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Colombia que nace nos Andes, entre a Cordillera Central e Oriental, no Páramo de las Papas a 3.600 m de altitude. Leva unha dirección N, e despois dun percorrido de 1.550 km desemboca en delta no Mar Caribe.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (23.188 km2; 1.284.135 h [estim 2000]). A capital é Santa Marta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica e cantante. Coñecida como Imperio Argentina, actuou no teatro de variedades por América do Sur e España. Debutou no cine con La hermana San Sulpicio (1927), e destacou polos seus papeis en comedias ou en películas folclóricas ambientadas en Andalucía, como Morena Clara (1936) ou Carmen, la de Triana (1938). Recibiu o Premio Goya en recoñecemento á súa carreira cinematográfica (1989).
VER O DETALLE DO TERMO