"Magdeburg" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a obra en lingua latina Ecclesiastica historia secundum singulas centurias per aliquot studiosos et pios viros in urbe magdeburgica... Trátase dun compendio de estudios da historia da Igrexa publicado por un grupo de eruditos protestantes dirixidos por Matias Flacio, chamado Illyricus, do 1559 ao 1574.
-
CAPITAIS
Capital do land de Saxonia-Anhalt, Alemaña, situada á esquerda do Elba (235.073 h [2000]). Reconstruída despois da Segunda Guerra Mundial, é un porto fluvial, e comunica co Rin e o baixo Oder por medio dun sistema de canles. Destaca a industria metalúrxica e de maquinaria pesada. Situada nunha fronteira (s IX) e sede dun arcebispado (962), pasou a formar parte da Hansa no s XIII. Adherida á Reforma (1524), converteuse nun ducado secular pola Paz de Westfalia (1648) anexionado despois a Prusia (1680). Despois da Segunda Guerra Mundial integrouse na República Democrática de Alemaña (RDA). Do seu patrimonio cultural destaca a Liebfrauenkirche (1019), convertida no mosteiro premostratense máis importante de Alemaña, e as igrexas románicas de Sankt Sebastian (s XII) e de Sankt Johannes. Foi a capital do bezirk homónimo da RDA.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo que construíu Otto von Guericke (1654) para mostrar os efectos da presión atmosférica. Consiste en dous hemisferios metálicos baleiros, duns 70 cm de diámetro, colocados formando unha esfera da que se extraeu o aire, e que custa moito separalos debido a que os mantén unidos a presión atmosférica non contrarrestada.
-
PERSOEIRO
Mística alemana. Pertenceu á orde dominicana e despois á cisterciense, recluíndose no mosteiro de Helfta, onde morreu. Tende a confundirse con Matilde de Helfta. A súa obra Das fliessende Licht der Gottheit (A luz que flúe da divindade), influíu na mística xermana medieval ao ser a primeira escrita nesa lingua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico alemán. Fundou en Laon a orde de Prémontré, aprobada en 1126. Vendeu todos os seus bens e repartiunos entre os pobres. Fundou a abadía de Prémontré, predicou contra unha seita maniquea e foi arcebispo de Magdeburg, cidade onde morreu e onde se atopa enterrado. Segundo unha lenda, tragouse unha araña velenosa que caera no seu cáliz cando estaba celebrando a misa. Na iconografía represéntase con vestiduras episcopais ou de frade premonstratense, cun cáliz cunha araña, un ostensorio ou un escapulario. A súa festividade celébrase o 6 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO