"Maguncia" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Monxe bieito, bispo e misioneiro, chamado o apóstolo de Alemaña. No ano 719 mudou o verdadeiro nome, Winfrith, polo latino de Bonifatius. No 722 foi nomeado bispo de Turinxia. É patrón de Alemaña, sobre todo das cidades de Maguncia, Fulda e Erfurt. En Holanda considérano patrón de Utrech e apóstolo do pobo frisón. O Papa Gregorio III consagrouno vicario episcopal de toda Xermania e no 745 foi nomeado arcebispo de Maguncia. Morreu asasinado polos pagáns frisóns nunha das campañas de evanxelización. Fundou o mosteiro de Fulda, onde está enterrado. Foi canonizado en 1874 e a súa festa celébrase o 5 de xuño. Na iconografía leva vestidura de bispo con mitra e cruz e, como atributos persoais, un evanxeliario atravesado por unha espada ou un machado cravado no tronco dunha árbore.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do land de Renania-Palatinado, Alemaña, á beira esquerda do Rin (183.134 h [2000]). É un centro comercial e industrial, onde destaca a produción química e de maquinaria, as industrias do cemento, da madeira e do vidro. A antiga Magontiacum romana foi capital da Xermania Superior. Foi sé episcopal desde 747 e a cidade máis importante de Alemaña no s XIII, ademais de abandeirar a liga renana. En 1815 pasou a formar parte do ducado de Hessen-Darmstadt. Foi ocupada polos franceses desde 1918 a 1930. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral románica (ss XI-XIV) e a fonte do mercado (1525), considerada o mellor exemplo do Renacemento alemán.
VER O DETALLE DO TERMO