"Mali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 112.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración constitucional da granulación de leucocitos plurinucleares neutrófilos e eosinófilos.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Taškent, Uzbequistán (116.400 h [1989]). A cidade xurdiu en 1951 ao pé das montañas de Kuraminskij Chrebet, a partir da implantación de explotacións metalúrxicas, dentro dos plans quinquenais stalinistas de desenvolvemento da Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
arias son as hipóteses que tentan explicar a orixe deste antropónimo. Uns opinan que se trata dunha forma hipocorística antiga do xermánico Amalberga, composto de amals ‘valente, incansable’ e bergan ‘protexer’; así, moitos nomes da familia real gótica levaban este primeiro elemento amal. Outros relaciónano co apelido romano Aemilius/Amilius. En Inglaterra chamábanlle normalmente Emily á princesa Amelia, filla de Xurxo III. E aínda hai quen o remonta ao grego amelía ( ἀ μέλεια ‘despreocupación, abandono’); de feito, está rexistrado o nome propio Amelios e posiblemente acabou producíndose unha confluencia da forma grega coa xermánica. Finalmente, tamén se pensa que nomes como Emma e Imma poderían ser variantes de Amalia. A festividade de santa Amalia (s VIII), celébrase o 10 de xullo. Este nome presenta como variante Amelia e como hipocorístico Lucha....
-
PERSOEIRO
Filla dun príncipe franco que renunciou a casar con Carlos Martel para entrar no mosteiro de Maubege (Bélxica).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo situado no barrio do mesmo nome en Copenhaguen, obra de Nicolai Eigtved (s XVIII), de estilo Rococó de influencia francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Existencia ou vida animal, conxunto de atributos do animal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pintor ou escultor especializado na representación de animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos animais.
-
-
Acción e efecto de animalizar ou animalizarse.
-
Desviación do desenvolvemento do embrión en estado de blástula que determina unha larva coas estruturas ectodérmicas hiperdesenvoltas, superficie recuberta enteiramente de cilios e falta de diferenciación do arquénteron e as espículas.
-
-
-
Dotar das propiedades dun animal.
-
olverse bruto, torpe ou adquirir característicaspropias dun animal.
-
Representar en forma de animal.
-
Converter en materia animal por asimilación.
-
Fixar, ás fibras vexetais ou sintéticas, albumina ou outra substancia, xeralmente de orixe animal, para poder tinguilas de maneira parecida ás fibras animais.
-
-
-
Irregularidade, falta de conformidade cunha regra xeral.
-
Cousa anómala.
-
-
Distancia angular, tomando como centro o Sol, dende o perihelio dun planeta ata o punto da órbita no que se atopa o planeta (anomalía verdadeira) ou no que se atoparía, se o seu movemento fose uniforme (anomalía media).
-
anomalía do Sol
Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai dende a liña das ápsides ata o Sol. Pódese referir ao Sol verdadeiro (anomalía verdadeira do Sol) ou ao Sol fiticio (anomalía media do Sol); a diferenza entre ambas recibe o nome de ecuación do centro.
-
-
Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.
-
Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal. Acostúmase a considerar a anomalía térmica para indicar a diferencia entre o valor medio anual da temperatura nun lugar determinado e o valor que lle correspondería segundo a latitude.
-
ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre. A anomalía da gravidade é a diferenza entre o valor teórico calculado por un elipsoide ideal e o valor medido experimentalmente. Considéranse principalmente dúas anomalías: dunha banda, a anomalía ao aire libre, dada pola diferenza entre o valor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto no que se fai a observación e o valor teórico que resulta do modelo do xeoide; e da outra banda, a anomalía de Bouguer, que corrixe os efectos da masa da codia terrestre que hai debaixo do observador, entre este e o xeoide. Os modelos da isostasia indicaron que a anomalía podería ter dúas contribucións: a correspondente á topografía (elevación sobre o nivel medio) e a debida ás raíces que desprazan o material máis denso dentro do manto. Así, canto máis alta é unha montaña máis material denso do manto despraza, de maneira que a anomalía real é menor ca a que se esperaría...
-
Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación, e que, polo tanto, está presente dende o nacemento, aínda que pode pasar inadvertido durante un tempo, incluso ata a vida adulta. Pode ser de carácter hereditario ou debida a causas ambientais.
-
aberración cromosómica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entre os gregos e os latinos, gramático que sostiña que unha lingua está feita de irregularidades e de coincidencias fortuítas. Os anomalistas opóñense aos analoxistas.
-
-
Relativo ou pertencente a unha anomalía.
-
mes anomalístico.
-
-
-
Calidade de anormal.
-
Circunstancia que se produce cando a lingua propia dunha comunidade é substituída por outra. É dicir, cando se dá unha perda interxeracional do idioma estase a levar a cabo unha situación de anormalidade lingüística.
-
-
PERSOEIRO
Pintora. De formación autodidacta, expuxo individualmente por vez primeira en 1959 en Madrid. A súa pintura inscríbese dentro da corrente neorrealista madrileña, e céntrase en visións frías e desoladas do mundo dos obxectos cotiás e a realidade urbana. En 1978 recibiu o Premio Goya da Villa de Madrid. En 1997 presentouse en Madrid unha retrospectiva da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antigo escravo armenio convertido ao Islam. Foi visir do Califa fatimita al-Mustan ṣ ir. A pesar da perda de Damasco (1076) diante dos turcos, tentou animar os últimos anos da xa decadente dinastía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
‘rei dos poetas’ (Mashhad 1886 - Teherán 1951) Escritor e político. Profesor na Universidade de Teherán e ministro de Educación Nacional (1946), é autor dun diván de estilo moi tradicional e de diversos estudios sobre lingüística e política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modo indirecto da cuarta figura do siloxismo da lóxica aristotélico-escolástica, no que as premisas son universais afirmativas e a conclusión particular afirmativa. Un exemplo deste xeito de trasposición das premisas para a súa conversión accidental en conclusión pode ser: “Se todos os humanos son animais / e todos os animais son mortais, / entón algúns mortais son humanos”. SIN: baralipton.
-
PERSOEIRO
Cuarto Sultán mameluco bahrita. Escravo de orixe, destacou ao servizo dos aiúbidas, e a raíz da Batalla de ‘Ayn Ǧ ālūt (preto de Nazaret) apoderouse do Sultanato. A xesta heroica Sīrat Baybars e un conto de As mil e unha noites cantan o seu prestixio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Diferencia que existe entre a gravidade de Bouguer e o valor teórico da gravidade que corresponde a aquel punto do xeoide. É a anomalía que permanece despois de ter considerado os efectos da topografía local.