Lago situado no O de Nicaragua que se comunica co lago Nicaragua por medio do río Tipitapa (1.130 km2). Na beira N atópase o volcán Momotombo, e na SL a cidade de Managua.
Capital de Nicaragua e do departamento homónimo (864.201 h [1995]), situada na beira SL do lago Managua. A economía céntrase na industria química, téxtil, de transformación da madeira e na destilación, tamén posúe unha refinería de petróleo. Foi declarada capital do país en 1855. Situada no eixe volcánico centroamericano, foi destruída por diversos terremotos. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e o palacio que alberga a sede do concello.