"Manica" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Unión política que agrupou entre 1815 e 1866 os estados alemáns. Creouse no Congreso de Viena (1815) para manter o equilibrio pola influencia de Austria e de Prusia sobre os pequenos estados alemáns, e para evitar que se formase un país unificado baixo a hexemonía prusiana. Formárona 38 estados soberanos: un imperio (Austria), cinco reinos (Prusia, Baviera, Hannover, Saxonia e Württemberg), oito grandes ducados, dez principados, dez ducados e catro cidades libres (Frankfurt do Main, Hamburgo, Bremen e Lübeck). A presidencia honorífica correspondeu ao emperador de Austria. Participaron tamén o rei de Holanda, como duque de Luxemburgo, o de Dinamarca, como duque de Holstein, e o de Inglaterra, como rei de Hannover. O seu órgano de goberno máis importante foi a Dieta de Frankfurt. Austria velou polo mantemento da Confederación e suprimiu con fortes represións toda tentativa liberal. A tendencia dos estados alemáns cara á unificación favoreceuna Prusia; un primeiro paso foi a unión aduaneira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Moçambique (61.661 km2; 974.208 h [1997]). A súa capital é Chimoio (171.056 [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zimbabwe (36.459 km2; 1.537.275 h [1992]). A súa capital é Mutare (131.808 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO