"Manuela" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Actriz. Participou no grupo de marionetas Viravolta, co que colaborou en espectáculos como Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985) ou Jasón (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Publicou a peza teatral Safira (1842) e as novelas El ramillete (1842), Inés (1846) e Horas de convalecencia (1852), mestura de poesía e novela curta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia galega, escribiu en galego e portugués. Colaborou na revista de creación Távola Redonda. Publicou en galego Frauta lonxana (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
An-tropónimo procedente da expresión hebrea Immanu’el ‘Deus está connosco’, coa que o profeta Isaías designa o Mesías nas Sagradas Escrituras. No paso ao latín e grego conservou a súa forma integral, pero na Península Ibérica sufriu a aférese da sílaba inicial (Manuel). A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
-
-
PERSOEIRO
Pintora. Estudiou deseño de interiores na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde desenvolveu a súa actividade artística. Cultivou a paisaxe e o traballo en barro. As súas obras son de carácter abstracto e caracterízanse pola seguridade do trazo. Foi un dos fundadores do grupo A Carón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Licenciada en Ciencias da Educación e diplomada en Psicoloxía, foi inspectora de Educación e inspectora xefe delegada provincial da Consellería de Educación en Lugo. Deputada autonómica desde 1990 (III lexislatura), revalidou a súa elección na IV, V e VI lexislaturas. Foi Conselleira de Familia, Muller e Xuventude (1993-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do hebreo Immanu’el ‘Deus connosco’ a través do grego e latín como Emmanuel. Presenta as variantes Manoel/Manoela e os hipocorísticos Manolo, Maíño, Manecho, Manel, Mané, Lolo, Lete e Manola, Manoliña, Noliña e Lela. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Xava (O Bolo). O seu cumio acada os 1.074 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Girona e de Asturias, filla do Rei Xoán III de Portugal e de Catarina de Austria. Casou en 1543 co seu curmán o príncipe Filipe (Filipe II), herdeiro de Carlos I. Morreu ao dar a luz o infante Carlos de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Intérprete do xénero dramático no Teatro María II de Lisboa, participou nas obras Muller que deita as cartas, Abnegação e Vida de un rapaz pobre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte, especializouse no estudo da prataría. Escribiu La platería en Monforte de Lemos (1987), La colección de platería de Fernández de la Mora y Mon en el Museo de Pontevedra (1995), Arte de la platería en la Mariña Lucense, siglos XVI, XVII y XVIII (1999), con Y. Kawamura, La platería en la diócesis de Tui (2001), Los plateros gallegos y el Santo Oficio de la Inquisición (2002) e La platería en la Tierra de Lemos (2003).
VER O DETALLE DO TERMO