"Maranta" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Que pertence á familia das amarantáceas.

    2. Planta da familia das amarantáceas.

    3. Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 65 xéneros que compoñen unhas 900 especies de plantas herbáceas e arbustivas, de distribución cosmopolita, especialmente, tropical e subtropical. Moitas cultívanse como plantas ornamentais e, nalgúns casos, como vexetais e herbas para cociñar. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e o xénero Leucojum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das marantáceas, que presenta raíces tuberosas e follas pecioladas e envainantes, dísticas, sen lígula e cos bordos vivamente coloreados. As flores son hermafroditas e asimétricas. Comprende unhas 25 especies, propias de América tropical, das que destaca M. arundinacea; dos seus tubérculos extráese o arrurruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marantáceas.

    2. Planta da familia das marantáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes, da orde das zinxiberais, que presenta follas grandes, pecioladas e dísticas, flores hermafroditas, trímeras, asimétricas e heteroclamídeas e froito en cápsulas loculicidas ou baciformes. Son especies tropicais, a maioría americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO