"Marisol" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse en París na École des Beaux-Arts e na Académie Julian. Trasladouse a Nova York en 1950 e continuou os seus estudios na Hans Hofmann School de Provincetown e na Art Students’ League de Nova York (1951-1954). A súa obra sitúase na estética da pop art. Realizou esculturas de madeira de tamaño natural con cabezas humanas e extremidades e diversos adornos que se relacionan entre si formando grupos ordenados de xeito paralelo. Estas obras, nas que incluíu un contido crítico e satírico, achéganse ás ensamblaxes e aos enviroments. Destacan, entre outras, La familia (1962), La visita (1964), Mujer y perro (1964), e os retratos de personaxes públicos realizados dende os anos oitenta, entre outros, os de Pablo Picasso, Desmond Tutu e o Dr. José Gregorio Hernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Josefa Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Membro do PSdG-PSOE e secretaria de Movementos Migratorios da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE desde 2000, foi concelleira de Camariñas e promotora da recuperación do encaixe de palillos. Desde 1997 é deputada no Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO