"Martin Codax" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Xograr ou segrel galego. Estivo activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII, atendendo aos elementos temáticos e estilísticos e á posición ocupada nos cancioneiros segundo a datación do Pergamiño Vindel (N), que contén as sete cantigas de amigo deste autor, seis delas acompañadas de melodía. Tanto neste pergamiño como nos dous cancioneiros apócrifos italianos, as sete composicións aparecen na mesma orde e cos seguintes incipits: “Ondas do mar de Vigo”, “Mandad’ey comigo”, “Mia irmana fremosa, treydes comigo”, “Ai Deus, se sab’ora meu amigo”, “Quantas sabedes amar amigo”, “Eno sagrado, en Vigo”, “Ay ondas, que eu vin veer”. As características técnicas e retóricas da súa obra reflicten unha educación esmerada en ambientes clericais ou aristocráticos. O trazo máis característico deste cancioneiro é a súa aparente unidade secuencial. Todas as cantigas presentan rima breve, o emparellamento dos termos amigo/amado e alusións a Vigo, pero a unidade secuencial vese no esquema compositivo....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual que se editou en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1935. Dirixida por José Vázquez Fernández, foi o órgano de expresión da agrupación Martín Codax, que creou en 1934 o sacerdote Emilio Álvarez Martínez, co obxectivo de difundir a arte, a cultura e a caridade. Caracterizouse polo seu apoio á Falanxe e ao bando franquista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame lírico que organiza desde 1992 as Bodegas Martín Códax co patrocinio do concello de Santiago, da Editorial Galaxia e coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña. Algúns dos seus premiados foron Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta, Román Raña Lama e Miguel Anxo Fernán-Vello.