"Matías" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Militar portugués. Nomeado Gobernador de Pernambuco (1628), dirixiu a defensa da praza contra os holandeses (1630-1635). No 1640 participa na Guerra de Secesión Portuguesa contra Castela conseguindo a Victoria de Montijo (1644), que lle valeu o título de primeiro conde de Alegrete.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsultor e político carlista. Catedrático de Dereito, publicou o xornal carlista La Cruzada (1867-1869). Deputado nas Cortes do 1871, pasou ao campo carlista e foi nomeado corrixidor de Bizkaia e reitor da Universidade de Oñati (1872). Dende 1899 foi delegado do pretendente Carlos VII e xefe da minoría carlista nas Cortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico salvadoreño. Dirixiu a primeira rebelión contra España en 1811 e interveu na proclamación da independencia de América Central en 1821. No ano 1823 presidiu a Asemblea Xeral Constituínte das Provincias Unidas de América Central.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Confusión ou desorde na expresión de algo que dificulta a súa comprensión.
-
Situación confusa e enredosa.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de capela. Exerceu o seu maxisterio na catedral de Mondoñedo (1690-1694) e na de Tui (1694-1737). Deixou unha abondosa produción musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Industrial e político. Marchou a Madrid en 1840 e montou unha factoría para a elaboración de chocolate e produtos de pastelería. Na década de 1870 converteuse nun dos principais industriais do país. Deputado polo distrito de Sarria (1872-1873 e 1876-1879), foi designado senador vitalicio en 1883. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica, a Encomienda de Isabel la Católica e a Legion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome hebreo teóforo Matithyah ‘don de Iavé’ -do que tamén procede Mateo-, que pasou ao grego como Mattathías e ao latín como Mat(t)hias. Presenta a variante Macías. San Matías foi o apóstolo evanxelizador de Xudea. Na literatura destaca con este nome o poeta Macías o Namorado (s XIV).
-
PERSOEIRO
Emperador romano-xermánico e rei de Xermania (1612-1619), Hungría (Matías II, 1608-1619) e Bohemia (1611-1617), fillo de Maximiliano II de Austria. Fracasou como gobernador de Países Baixos (1578-1581), pero non de Austria (1593-1606), onde impulsou a Contrarreforma e a loita contra os turcos. Ante a debilidade de poder do seu irmán, apoderouse das coroas de Hungría, Moravia, Austria (1608) e Bohemia (1611). Sucedeu o seu irmán, Rodolfo II, na coroa imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Hungría (1458-1490), fillo de János Hunyadi e sucesor de Ladislau VI de Hungría. Dedicouse a manter a independencia húngara contra Austria e os turcos. Impuxo a súa vontade aos nobres por medio dun exército negro composto por mercenarios e interveu en Bohemia, onde se fixo coroar (1469). Nunha importante ofensiva contra os turcos, conseguiu reconquistar Bosnia (1463), Moldavia e Valaquia (1467) e Serbia (1482). Pouco despois atacou o Emperador Federico III e amparouse en Viena (1485) e en Estiria (1486).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Apóstolo. Proposto como un dos candidatos para substituír a Xudas Iscariote, foi designado por sorteo polos apóstolos. Evanxelizou Xudea e morreu lapidado diante do templo de Xerusalén. Na súa iconografía viste túnica e palio e leva unha machada, unha corda ao pescozo ou nas mans, pedras e dous cravos, supostos instrumentos do seu martirio. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
-
GALICIA
Relixioso mercedario. Durante o Cisma de Occidente (1378-1417) mantívose fiel a Castela e polo tanto, a Roma. Estableceu varias fundacións e escribiu Martirologio antiguo de la Orden de Nuestra Señora de la Merced.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Periodista e locutor radiofónico. Comezou en Radio Nacional de Málaga en 1939 e no período 1944-1970 foi locutor en Radio Nacional de España, especialmente ligado ás retransmisións taurinas e futbolísticas; ademais dirixiu o NO-DO (1974-1976). Recibiu as cruces de Alfonso X el Sabio, do Mérito Militar e o Premio Víctor de la Serna da Asociación de la Prensa de Madrid (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo de Arxentina, situado na costa da Patagonia, que se estende entre a punta Bermeja, ao N, e a punta Norte, na península Valdés, que o pecha polo S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar checo, conde de Thurnu. Interveu na Defenestración de Praga de 1618 e foi un dos dirixentes da insurrección dos protestantes bohemios contra a autoridade imperial. Derrotado na Batalla da Montaña Branca en 1620, tivo que exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Misioneiro en América e Asia, especializouse en relixións comparadas. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Militou no PSOE e foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Escribiu Democracia y cristianismo (1930), El peligro religioso (1932) e La Iglesia y su política (1934). Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Fusilárono en 1936, durante o levantamento militar.
VER O DETALLE DO TERMO