"Matalobos" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Ilustrador, pintor e deseñador gráfico. Dende 1995 colabora en diferentes seccións no xornal El Progreso (“El Parapeto”, “Los sueños de la comadreja”, “A Tarabela”, “Furtivos y Cazadotes”) e na revista Bravú. Dende a súa primeira exposición individual en 1985, “Europa ha muerto” (Asociación Cultural A Estrada), realiza periodicamente mostras, individuais e colectivas. Entre as súas publicacións destacan: O Conde Vampiro, El Parapeto, Contos de Jack London, Crónica negra de Lugo e Lugo XX. Historia para un milenio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO