"Matilde" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • GALICIA

    Iniciou os estudios de Literatura na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central en Madrid e Estudios Hispánicos na Universidade de Porto Rico, onde se doutorou e desenvolve a súa docencia. Publicou: Borges, Buenos Aires y el tiempo (Porto Rico, 1972) e Tiempo de agua (Porto Rico, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou a súa actividade no grupo afeccionado Tespis, para logo continuar a súa carreira no ámbito profesional, participando en diversos espectáculos como Xoana (1985) de Teatro do Atlántico. Posteriormente formou parte do elenco de espectáculos como A casa dos afogados (1991), Un soño de verán (1992) ou Valle-Inclán 98 (1998), realizados polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Empregou o pseudónimo de Matilde Lloria e colaborou nas revistas Vieiros e Posío. Da súa produción destaca Camino del cántico (1949), Caixiña de música (1971), Un fulgor que se apaga (Premio Ausias March 1981), Memoria anterior 1945-1965 (1992), Dou fe (1994), Irrepetible alondra (1996), Diario de una adolescente (1997) e Unha casa no tempo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Matilde González Palau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e gravadora. Coñecida como Ana Pasarín, dirixiu con Alberto Castro Couso o taller Abracadabra. A súa obra caracterizouse polo emprego da liña curva e a preocupación polo ser humano. Na década de 1970 a temática ampliouse co mundo dos paxaros como símbolo do voo e da busca doutros mundos. Destacan as súas series Homenaje a Alfonsina Storni (1988) e Ventanas a la fantasía (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que vén do nome xermánico Mahthildis, composto de maht ‘forza’ e hiltia ‘batalla’. Presenta a variante Matilda e os hipocorísticos Matucha, Mati, Tila. Santa Matilde de Alemaña (890-968) celébrase o 14 de marzo, e a de Inglaterra (1080-1118) o 30 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla de Xerome Bonaparte e sobriña de Napoleón. Casou (1841) co príncipe ruso Anatolio Demidov. Durante a Segundo Imperio (1868-1870) tivo en París un activo salón artístico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 1083?) Nobre, filla do conde Balduíno V. Casou con Guillerme I ; de Inglaterra o Conquistador e atribuíuselle a autoría do Tapiz de Bayeux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Helfta, Saxonia 1241 - 19.11.1298) Mística. Pertenceu ao mosteiro cisterciense de Helfta e recolleu as súas experiencias místicas e a súa devoción ao Sagrado Corazón de Xesús na obra Liber specialis gratriae. Non foi canonizada, pero é venerada como santa. A súa festividade celébrase o 19 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico e raíña de Inglaterra, filla de Enrique I de Inglaterra. Casou en 1114 co Emperador Enrique V e en 1125 con Godofredo V Plantagenet, conde de Anjou. O seu pai, Enrique I de Inglaterra, fíxoa herdeira da coroa inglesa, xunto con Godofredo, pero a sucesión foi usurpada por Estevo de Blois (1135).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1080 - Westminster 30.4.1118) Raíña de Inglaterra, muller de Enrique I de Inglaterra e filla de Margarida de Escocia. Tivo sona pola súa caridade e fundacións. A súa festividade celébrase o 30 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística alemana. Pertenceu á orde dominicana e despois á cisterciense, recluíndose no mosteiro de Helfta, onde morreu. Tende a confundirse con Matilde de Helfta. A súa obra Das fliessende Licht der Gottheit (A luz que flúe da divindade), influíu na mística xermana medieval ao ser a primeira escrita nesa lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Xermania, esposa de Enrique I de Alemaña e nai de Odón I. Dedicouse a facer obras de caridade ata o seu retiro ao convento de Quedlimburg, que ela mesma fundara. Iconograficamente represéntase con vestidos de realeza e coroa imperial na cabeza. Como atributos leva unha maqueta dunha igrexa na man (por ser fundadora de igrexas, hospitais e mosteiros), unha bolsa con cartos para repartir cos pobres e vai cun neno ao lado, o seu fillo Odón. A súa festividade celébrase o 14 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora e xornalista italiana. Fundou, co seu marido, E. Scarfoglio, Il Corrieri di Roma e Il Corrieri di Napoli, e ela soa Il Giorno. Destacan as novelas do seu primeiro período inspiradas no verismo meridional: Dal vero (1879), Il romanzo della fanciulla (1886) e Storia di due anime (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano e actriz. Debutou facendo revistas musicais en Madrid, da autoría de J. J. Cadenas e J. Campúa. Co tempo orientou a súa carreira cara á zarzuela e converteuse nunha das voces de referencia do xénero en España. Participou nos espectáculos Los claveles (1920), Luisa Fernanda (1932), Alhambra (1940) e La Caramba (1942), entre outros. No eido cinematográfico participou nos filmes Prim (1930), Doña Francisquita (1934), La última falla (1940), Todo por ellas (1942) e Con los ojos del alma (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO