"Maximiano" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (305-311). Asociado ao trono por Diocleciano (293), dentro do esquema tetrárquico, loitou contra os godos (295) e contra os persas (297-298). Invadiu Armenia e estendeu o Imperio Romano ata o Éufrates. Trala abdicación de Diocleciano (305) converteuse en emperador con poder sobre Italia e Oriente. Mantivo unha política de tolerancia cara aos cristiáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que deriva do latín Maximianus, patronímico de Maximus e despois nome propio. Destacan con este nome o emperador romano Maximiano (250-310?) e san Maximiano de Ravenna (s VI), celebrado o 22 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Diácono de Istria. Xustiniano I designouno arcebispo de Ravenna (546) e consagrou as igrexas de San Vital e de Sant’Apollinaire in Classe desta cidade. Na catedral aplicouse o seu nome á cadeira de marfil (s VI) situada na sancristía. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (286-305 e 307-308). Foi enviado á Galia co título de césar durante o goberno do Emperador Diocleciano para reprimir a revolta dos bagaudas. Nomeado emperador en 286, acadou o mando sobre as provincias occidentais e residiu en Tréveris. Seguindo o exemplo de Diocleciano, abdicou e retirouse a Lucania (305), pero volveu ao poder en 307 e, despois de rexeitar o seu fillo Maxencio, nomeou emperador a Constantino I. Foi obrigado a abdicar novamante en 308.
VER O DETALLE DO TERMO