"Megara" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Discípulo de Dióxenes e mestre de Zenón. Segundo Dióxenes Laercio, escribiu nove diálogos que non se conservan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Socrático (Sicilia 450 a C -? 380 a C) Filósofo grego. Discípulo de Sócrates e Parménides, fundou a escola de Megara e foi mestre de Platón. Intentou conciliar as doutrinas da escola de Elea e as socráticas, polo que definiu o ben como unha unidade inmóbil e permanente. Foi o primeiro en facer a distinción entre potencia e acto que posteriormente desenvolveu Aristóteles. A súa doutrina excluíu todo tipo de movemento do pensamento, o que impide afirmar ningunha das ideas do individuo xa que a idea é unha realidade e o individuo unha mera aparencia. O seu método filosófico expresouse a través da dialéctica coa que se trataba de confundir os adversarios polo que recibiu o nome de ἐ ριστικοι (disputador).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro grego, fillo de Náutrofo de Megara. Foi autor do Eupalineo da antiga cidade de Samos (530 a C), acueduto que atravesaba a montaña para abastecer de auga a cidade. Tiña unha lonxitude de 1.036 m e foi trazado por dous equipos de traballo, que comezaron cada un por un dos seus extremos e tiñan que encontarse a medio camiño. Non obstante , o punto de encontro diverxeu do ideado no plano orixinal e o túnel mostrou unha pequena inclinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Coñecido como o Dialéctico, foi discípulo de Diodoro. Centrou os seus estudios en cuestións lóxicas. Foi profesor de Zenón de Citio en Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Grecia, situada na costa setentrional do golfo Sarónico, preto da actual cidade homónima, no nomós de Ática. Foi o centro da rexión comprendida entre o istmo de Corinto, Ática e Beocia. Durante os ss VIII e VII a C acadou o seu maior esplendor e fundou diversas colonias, como Megara Hiblea. Sobre 560 a C Pisístrato apoderouse das súas posesións de Salamina e de Nicea, mentres Teáxenes acadou o poder da pole. Este tirano recuperou os territorios espoliados e fundou Heraclea do Ponto. Aliada con Atenas e membro da Liga do Peloponeso (446 a C), aproximouse despois a Esparta, polo que tivo que someterse á oligarquía ata o 394 a C. Saqueada por Demetrio I de Macedonia (307 a C), non conseguiu recuperar o esplendor perdido, e entregouse espontaneamente a Roma en 146 a C. En 1364 tivo lugar diante das súas costas a Batalla de Megara, entre as naos turcas do sultán Murat I e as forzas bizantinas e da orde de San Xoán. Consérvanse restos das dúas acrópoles e dos numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega de Sicilia, fundada por colonos dóricos de Megara cara ao 728 a C, preto da actual Augusta. No s VII a C tivo un período de esplendor e fundou Selinunt (628 a C). Posteriormente foi conquistada por Xelón (s V a C) e entrou en decadencia ata que Marcelo a destruíu (214 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica que agrupou diversos pensadores dos ss V e IV a C, que interpretaron a doutrina socrática seguindo o exemplo de Euclides de Megara e a escola de Elea, e identificaron o seu concepto do ben co concepto do ente único de Parménides e Zenón. Os representantes máis coñecidos desta escola foron, ademais de Euclides, Eubulides de Mileto, Diodoro Cronos e Estilpón de Megara.

    VER O DETALLE DO TERMO