"Melchior" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Pintor de orixe flamenga. Activo entre 1381 e 1409. Traballou para Filipe o Ousado, duque de Borgoña, dende 1387. En 1391 recibiu o encargo de realizar as pinturas das táboas posteriores das ás do retablo de Jacques de Baerze na cartuxa de Champmol. Esas pinturas, que representan a Anunciación, a Visitación, a Presentación e a Fuxida a Exipto, realizadas no estilo gótico internacional, son as súas únicas obras coñecidas. Non obstante , supervisou e deseñou numerosas obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, erudito e poeta italiano. Profesor de grego e de hebreo na Universitá de Padua, traduciu a Esquilo, Demóstenes, Ossian e Homero. Foi racionalista e renovador no terreo lingüístico en Saggio sulla filosofia delle lingue (Ensaio sobre a filosofía da lingua, 1785) e Saggio sulla filosofia del gusto (Ensaio sobre a filosofía do gusto, 1788).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e político italiano. Profesor no colexio Alberoni de Piacenza (1784-1793), no plano político defendeu o liberalismo económico. No eido da filosofía, superou o sensismo de E. B. de Condillac e reivindicou a orixinalidade do intelecto. Das súas obras destacan Nuovo prospetto delle scienze economiche (1815-1817) e Del merito e delle ricompense (1818).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Melchor.
-
PERSOEIRO
Tenor. Debutou en Copenhaguen como barítono na ópera Silvio in Pagliacci, de Leoncavallo (1913), e pasou logo a facer papeis de tenor (1918). Actuou en Londres, París e Nova York, sobre todo interpretando papeis wagnerianos, como Tristán, Siegmund ou Lohengrin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pío X.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. De nome Melchior Fuchs, das súas obras destacan Kirchen Gesang und Geistliche Lieder (Himno relixioso e cánticos espirituais, 1604), Paixón segundo san Mateo e Sonntägliche Evangeliensprüche (Versículos dominicais, 1610).
VER O DETALLE DO TERMO