"Melville" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Antropólogo estadounidense. Realizou investigacións en Surinam, Haití, Trinidad, Brasil e en distintos lugares de África e interesouse polos procesos de cambio cultural e aculturación na liña de F. Boas. Das súas obras destacan The Economic Life of Primitive Peoples (1940), Man and His Works (1948) e The Human Factor in Changing Africa (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago ártico de Canadá que pertence ás illas Parry (42.700 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de Australia, situada fronte á costa setentrional. Posúe mangleirais nas costas e estepas e sabanas no interior (5.600 km2). Os aborixes habitan nunha reserva protexida polo goberno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península situada no Ártico, en Canadá, ao O e ao S da Terra de Baffin. Ten uns 400 km de longo e 200 de ancho e está unida ao continente polo estreito istmo de Rae.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Considerado unha das figuras do romanticismo estadounidense, escribiu numerosas novelas de aventuras baseadas nas súas experiencias no mar, e contos e poemas, onde explorou temas psicolóxicos e metafísicos. Das súas obras destacan Typee (1846), Redburn (1849), Moby Dick (1851), a súa obra máis coñecida, Pierre (1852), Israel Potter (1855), The Confidence-Man (1857) e a póstuma Billy Budd, Foretopman (1924). Tamén escribiu obras simbolistas, como Mardi (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. De nome Jean-Pierre Grumbach, foi unha das referencias dos autores do movemento cinematográfico francés de finais da década de 1950. Destacan os seus filmes Le Silence de la Mer (1945), Les Enfants Terribles (1950), Bob le flambeur (1955) e Un flic (1972).
VER O DETALLE DO TERMO