"Menorca" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
ILLAS
Illa do arquipélago das Illes Balears, a máis oriental do conxunto das illas (691 km2; 71.524 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O terreo é chan, suavemente ondulado e protexido pola pequena cordilleira da costa setentrional, coa altura máxima da montaña de Toro (358 m). O territorio menorquino divídese en dúas grandes rexións, Tramuntana e Migjorn, separadas por unha liña que atravesa transversalmente a illa desde o porto de Maó ata as praias setentrionais de Algaiarens. A súa costa é, en xeral accidentada, característica que no sector de Tramuntana se acentúa con fondas entradas e elevados promontorios. O clima de Menorca corresponde ao tipo mediterráneo marítimo e temperado, practicamente uniforme en toda a illa pola falta de barreiras orográficas importantes. A flora é mediterránea de tipo tirreno e a agricultura é unha das actividades fundamentais, equilibrada coa industria e unha crecente orientación turística.
Historia
O primeiro poboamento... -
REINOS
Denominación que recibiu a illa de Menorca no seu último período de dominación musulmá, despois da Conquista de Mallorca (1229) por Xaime I de Aragón, o que lle permitiu a independencia nas relacións cos estados cristiáns. Foi mantida na titulación dos reis de Aragón despois da conquista da illa (1287) por Afonso III de Aragón, e posteriormente na dos monarcas de España.
VER O DETALLE DO TERMO