"Mensaje" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual publicado en Carballo a partir de 1974 co subtítulo de “Boletín interparroquial de Bergantiños”. Dirixido por Ramón Antelo Peña e, desde setembro de 1975, por José García Gondar, incluíu artigos doutrinais e información de actividades relixiosas das parroquias do arciprestado de Bergantiños. En abril de 1978 cambiou o seu título polo de Mensaje de Bergantiños.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Ourense a partir de 1952. Impresa nos obradoiros tipográficos de La Comercial, apareceu co subtítulo de “Órgano de la Cofradía Diocesana de Nuestra Señora de Fátima”. Dedicada aos temas relixiosos, incluíu tamén poemas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Lugo a partir de 1892 como órgano de expresión da Asociación Provincial del Profesorado de Enseñanza Primaria desa cidade. O seu fundador e director foi Celestino Buján Suárez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Vigo a partir de setembro de 1948 e que cesou en xaneiro de 1952. Redactada, editada e distribuída por Eduardo Moreiras, non tivo periodicidade fixa e a difusión realizouna o propio autor a 300 amigos. De modesta pero coidada edición, incluíu poemas en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Entre os seus colaboradores figuraban Vicente Aleixandre, impulsor da revista, L. Cernuda, Blas de Otero, R. Alberti ou J. Ramón Jiménez, e os autores galegos Álvaro Cunqueiro, L. Pozo Garza, Luís Pimentel, e, de xeito ocasional, Carballo Calero, Ánxel Fole ou Celso E. Ferreiro. A revista publicou catro monográficos, dedicados a Rafael Morales, Álvaro Cunqueiro, Carmen Conde e Blas de Otero; este último provocou problemas coa censura e o seu peche definitivo.
VER O DETALLE DO TERMO