"Merton" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido, situada 12 km ao S de Londres (164.000 h [1989]). É un centro residencial que constitúe un dos 32 distritos do Gran Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutor polo Massachusetts Institute of Technology de Cambridge (1970), escribiu Continuous-Time Finance (1990) e The Global Financial System: A Functional Perspective (1995). Recibiu, xunto con Myron S. Scholes, o Premio Nobel de Economía polas súas achegas no campo da avaliación dos instrumentos financeiros derivados (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo estadounidense. Desenvolveu a teoría funcionalista de acordo coa liña antiutópica da socioloxía estadounidense. Das súas obras destacan Sociological Ambivalence (1976), Sociological Traditions from Generation to Generation (1980) e Social Science Quotations (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Convertido ao catolicismo (1938), ingresou (1941) no mosteiro trapense de Gethsemani (Kentucky) e contribuíu a crear un clima de interese pola vida contemplativa e o orientalismo en EE UU. Escribiu o libro autobiográfico The Seven Storey Mountain (1948), Ascent to Truth (1951), Mystics and Zen Masters (1967) e a escolma póstuma Selected Poems (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Especializouse en finanzas de grandes corporacións empresariais, sobre o que fixo numerosas investigacións, e foi director da Chicago Board of Trade (1990-2000). Revolucionou as concepcións tradicionais das finanzas corporativas aplicando novos métodos para saber o valor dunha empresa. Escribiu Finance’s Theory (1972). Recibiu o Premio Nobel de Ciencias Económicas (1990) xunto con Harry M. Markowitz e con W. Sharpe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Elaborou diversos modelos econométricos de crecemento conxugando o pensamento keynesiano cos postulados neoclásicos. Publicou Linear Programming and Economic Analysis (1958), conxuntamente con Samuelson e Dorfman, Capital Theory and the Rate of Return (1963) e Growth Theory: an Exposition (1970). Recibiu o Premio Nobel de Economía (1987) polos seus traballos sobre a teoría do crecemento económico.

    VER O DETALLE DO TERMO