Rexión do O de Asia comprendida entre o Tigris e o Éufrates. Está dividida en dúas partes, a sur, historicamente máis importante, que se estendía por Iraq, e a norte, por Siria e Turquía. Está limitada ao N polas montañas de Armenia, ao SL polo Golfo Pérsico, ao L polo sistema montañoso de Zagros e ao O polo deserto de Siria. As orixes: os períodos prehistórico e protohistórico A historia de Mesopotamia documentouse entre 10000 a C e 637, data da conquista musulmá. O período máis importante situouse entre 3100 e 538 a C, durante o que foi berce das civilizacións sumeria, babilónica e asiria. Pola súa excelente posición xeográfica e a súa riqueza agrícola, foi cobizada por tribos nómades como os guti, amoritas, hurritas, casitas e arameos. Durante o período prehistórico (10000-3100 a C), o N de Mesopotamia contou cos xacementos e as culturas máis antigas: Jarmo, onde para moitos prehistoriadores se iniciou a Revolución Neolítica; as culturas de Samarra e a de Tall...
Rexión do NL de Arxentina, no límite con Brasil e Uruguay (194.216 km2). É unha chaira moi pouco accidentada, limitada polos ríos Paraná, Iguazú e Uruguay. Comprende as provincias de Corrientes, Entre Ríos e Misiones, na rexión administrativa de Litoral. As principais riquezas son o mate e a madeira. Os principais cultivos son o arroz e os cítricos. Os núcleos de poboación están situados na beira dos ríos.