"Michigan" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Estado de EE UU (151.586 km2; 9.938.444 h [2000]). A súa capital é Lansing. Está formado por dúas penínsulas separadas polo estreito de Mackinac, que comunica os lagos Michigan e Huron. A península superior está separada de Ontario, provincia de Canadá, polo canal do Norte; o relevo é chan, cunha máxima altitude de 616 m e percorrida por ríos curtos. A península inferior está atravesada desde a baía de Saginaw ata ao SO, por unha depresión formada por un antigo río glaciario. Todo o territorio está cuberto por lagos de orixe glaciario. O clima é continental. Os bosque de coníferas e bidueiros ocupan o territorio, agás o SO onde domina a pradaría . As cidades principais son Detroit, Grand Rapids, Flint, Livonia e Ann Arbor. Cultívase cebada, remolacha azucreira, patacas e froita. Tamén destacan recursos minerais como o ferro, o sal, o cobre, o petróleo e o gas natural. É moi importante a industria do automóbil, localizada principalmente en Detroit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de EE UU, situado na rexión dos Grandes Lagos, cunha profundidade entre os 176 e os 281 m e unha extensión de 58.016 km2. Está conectado co lago Huron polo estreito de Mackinac. As súas augas bañan os estados de Michigan, Wisconsin, Illinois e Indiana, e os principais ríos emisarios son o Manistee, o Muskegon, o Grand e o Kalamazoo.

    VER O DETALLE DO TERMO