"Midlands" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (49.166 km2; 1.307.769 h [1992]). A capital é Gweru (124.735 h [1992]).
-
REXIÓNS
Rexión de Reino Unido, no centro de Inglaterra, situada ao S dos contrafortes meridionais da cadea Penina, entre Gales e a costa oriental. É unha ampla planicie ondulada, regada polo río Trent e o alto Severn e que constitúe unha zona de transición entre o macizo antigo da cadea Penina e a conca de sedimentación do Támesis. Ten unha grande importancia económica, cunha tradicional riqueza agrícola e explotación de minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conurbación de Inglaterra, Reino Unido, que comprende, entre outras, as cidades de Dudley, Walsall, West Bromwich, Aldridge-Brownhills, Solihull, Sutton Coldfield, Smethwick, Halesowen, Stourbridge, Birmingham, o seu centro, e Wolverhampton. Ten industrias do automóbil, de maquinaria, electrónicas, químicas, téxtiles e alimentarias.
-
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra (899 km2; 2.555.592 h [2001]). A súa capital é Birmingham.
VER O DETALLE DO TERMO