"Minsk" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido co pseudónimo de Mel Brooks. Na tradición do humor xudeu, os seus filmes constitúen verdadeiras reconstrucións dos xéneros ortodoxos e parodias ou remakes das películas clásicas como, por exemplo, Young Frankenstein (1975), Silent Movie (1976) e To Be or Not to Be (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Bielorrusia e da oblast’ homónima, que está situada en ambas as dúas beiras do río Svisloč’, afluente do Berezina (1.680.000 h [1999]). É un gran centro da industria do metal e da construción, achegando unha cuarta parte da produción industrial do país. Tamén produce o 80% do téxtil de la e o 34% do calzado do estado. Pertenceu a Lituania (s XIV) e Polonia (s XV) e en 1793 pasou a Prusia. En 1919 converteuse en capital da República Socialista Soviética de Bielorrusia. Ocupada polos alemáns (1941-1944), sufriu o exterminio da poboación xudea. En 1991 converteuse na capital de Bielorrusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Bielorrusia (40.200 km2; 3.283.800 h [estim 1997]). A súa capital é Minsk.
-
PERSOEIRO
Pintor, grafista e teórico da arte polaco. Desde 1922 foi un dos principais representantes do suprematismo en Polonia, formando parte dos grupos Blok, Praesens e AR, formado por el mesmo para defender o unanimismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
oivodato de Polonia (24.203 km2; 1.468.313 h [estim 2000]). A súa capital é Olsztyn.